Cambio de plans e a Jyväskylä

Por non cambiar moito o tema ou, neste caso, o destino, hei de dicir que eu tamén marcho o ano que vén ao país nórdico de Finlandia. Con respecto aos motivos polos que vou, non me extenderei moito porque podo ser un pouco dura, simplemente espero que na Universidade de Jyvaskyla sexan máis competentes do que foron aquí, e que o meu futuro académico non volva depender dunha moeda. Deixando a un lado estas chafalladas burocráticas, hai que ver as cousas de forma positiva e, facendo este pequeno esforzo, hei de dicir (ao igual que o dixeron os outros compañeiros cos que vou) que a Universidade de Jyvaskyla é unha moi boa universidade na que existe un modo de estudo totalmente diferente.

O meu contrato de estudos ten a día de hoxe 8 materias para un único cuadrimestre no vindeiro ano, algo que non deixa de ser unha locura en Santiago. Con todo, alí as asignaturas cambian cada mes ou mes e medio e a forma de aprendizaxe é totalmente diferente. As clases son de moitos menos alumnos, hai algunhas materias que só se centran en libros en concreto e mesmo moitas materias ofertadas en plataformas dixitais. Jyvaskyla é unha boa oportunidade para adoptar unha postura ou rol un tanto sociólogo, aprendendo a vivir nunha cultura totalmente distinta á nosa en moitas cousas, comezando, sen dúbida, polo seu sistema universitario.

O que máis me asusta non é o idioma, o cambio ou iso de “facer amigos”, creo que o peor vai ser adaptarse ao clima, xa que en Jyvaskyla acádense facilmente temperaturas de 30 graos baixo cero. A neve acompaña ao estudante erasmus dende outubro ata abril aproximadamente, co que 23 quilos na maleta de seguro que quedarán cortos para o peso da roupa que deberemos levar. Así e todo, unha oportunidade así é probable que non se volva repetir, Finalandia é deses lugares aos que non adoitas ir de vacacións, dos que non se che acordan cando planeas unha viaxe. Por iso, xa que marcho tan lonxe e vou pasar tanto frío, espero aproveitar cada minuto para viazar, achegándome á Laponia, a Rusia, San Petersburgo ou Tallin para ver eses países que nunca máis terei tan preto nin tan accesibles ao meu peto.

Os peros poderían ser moitos, como o tamaño da cidade (algo así como Santiago á finlandesa, xa que conta con 130.000 habitantes), o clima, as poucas horas de luz ou a suposta frialdade dos fineses. A cambio aproveitarei para coñecer un mundo totalmente diferente ao noso, cunha cultura que pouco ten que ver coa de aquí (ou iso é o que parece) e cunha idea ou concepción do mundo que de seguro me aportará moitas cousas. Veremos que pasa por Jyvaskyla e todo vaia ben para poder contalo.

Lorena Riveiro. TGP 3Ñ

Posted on 4 Maio, 2011, in Documentos and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: