Ortigueira en Tarragona

Nin de Erasmus, nin Barcelona, nin Madrid… Ao final a antiga Tarraco me espera. A que foi a miña última opción á hora de solicitar a praza Sicue-Séneca é agora a miña futura residencia durante un ano. Non vou negar que o “medo ou respecto” comeza a andar polo meu corpo, e é que, xa vai facer dous anos cando comecei a miña andaina universitaria en Santiago aconteceume o mesmo. De todos os xeitos, hei de dicir que ese medo do que falo é moito menos do que podería ser. O feito de levar comigo a unha estupenda compañeira de viaxe fai que a tranquilidade sexa un pouco maior.

Din algúns que todo isto é cousa do destino, que se finalmente me vou a Tarragona é porque foi unha experiencia nada para min; e non o dubido. Tarragona é unha cidade con moita historia; unha historia da que falan por si soa os seus edificios e monumentos. Eu xa estiven alí 3 ou 4 veces, é o que ten o Google Street, que che leva ata onde queiras e dunha forma moi sinxela e barata. Logo desas visitas podo dicir que a cidade verdade ten moi boa pinta. Espero dentro dun ano poder agradecerlle ao destino este regalo.

“Una de les coses que més m’agrada d’anar-me a Catalunya és que vaig a aprendre català” (xuro que para o ano non terei que empregar o traductor castelán-catalán). O feito de que a Universitat Rovira i Virgili sexa pública fai que as clases se impartan en catalán. Na miña primeira opción, a Ramón Llul de Barcelona, o catalán tamén era lingua obrigatoria, aínda que o castelán tiña a súa presenza (supoño que na Rovira i Virgili tamén a terá pero en menor medida). De todos os xeitos, a nosa compañeira Gala veu hai ano e medio de Alicante a Galicia e moitos galegos poden envexar a soltura que ela ten, tanto na expresión oral coma escrita, do idioma galego. Por iso, logo de coñecer o seu caso, marcho con gañas de aprender e de coñecer tanto a lingua coma a cultura catalana en xeral.

Non me vou a extender moitos máis, soamente dicir que para min o curso 2011-2012 vai ser unha experiencia que, se che dan a oportunidade, é importante vivir. Creo que vou a aprender moitas cousas, xa non tanto a nivel académico, que sei que si, coma a nivel persoal. Porque van a ser moitas caras novas, costumes diferentes… En definitiva, unha nova cultura coa que convivirei durante 9 longos meses e á que espero tamén deixarlle esa marquiña da terra galega.

Vémonos no 2012-2013.

María Quintiana Pérez 3b2 3Q

Posted on 4 Maio, 2011, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Que bien que tengas tantos ánimos y abierta a aprender nuevas cosas no sólo académicas, será bueno tener a alguien por allá que nos informe de lo que pasa en esa región. Hasta el momento como te preparas para el cambio?

  2. comunepersoal3

    Como me preparo para o cambio? De momento prefiro non pensalo e así non me agobio. Como ben dixen o feito de levar a unha compañeira de viaxe fai que a miña tranquilidade sexa maior. Iso si, cando comece o verán e vexa que a marcha está cada vez máis cerca comezarán os nervios e todo iso… De todos os xeitos e repostando á túa pregunta, eu creo que non fai falta prepararse. Creo que hai que chegar alí e ver o que pasa, como é a Universidade, a cidade e os compañeiros. Estiven baraxando a posibilidade de ir en verán para coñecer un pouco aquilo pero, logo de pensalo ben e de falar con algúns amigos, cheguei á conclusión que é mellor ir en setembro á aventura e xa está.
    Xa vos manterei informada da miña estancia na Rovira i Virgili 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: