Daily Archives: 5 Maio, 2011

Tele K e Tv Cidade Livre: semellanzas e diferenzas

A distancia entre Vallecas e Río Claro é evidentemente abismal, non só no sentido xeográfico. Tamén hai una clara diferencia, en xeral entre Europa occidental e América Latina, no referente á percepción de que son os medios comunitarios, que deben facer e como deben funcionar. Claro que todo medio comunitario debe servir a unha comunidade, e isto cúmprese nas dúas televisión analizadas: son mesmamente as comunidades europeas e latinoamericanas as que amosan diferencias de todo tipo.  

Parece que no caso da televisión brasileira o medio adopta una posición máis paternalista cara a sociedade á que se dirixe, atopándonos nese caso cun medio para a comunidade. Pola contra, a televisión madrileña preocúpase máis ben de arengar á xente á acción e á participación, especialmente no ámbito político (cunha adscrición ideolóxica claramente esquerdista).

As dificultades ás que os medios comunitarios deben enfrontarse sí son común no caso de Tele K e TV Cidade Livre. As principais son de índole económica, posto que as posibilidades de financiamento son escasas e dependen en parte de subvencións. Precisamente por iso, tamén se poden atopar co feito de estar presionados por diversas institucións, tanto de carácter público coma privado.

Ana López Gómez, CL4X

A muller na sociedade

As conferencias xiraron en torno á posición da muller na sociedade, a través da análise de diferentes eidos: o laboral e o sindical.

 Con respecto ó plano laboral, a conferenciante foi Luísa González, do Observatorio da Mariña pola Igualdade. As conclusións foron as seguintes:

-A incorporación da muller mudou o panorama profesional. Na estratexia familiar tradicional o home traballaba fóra do fogar e a muller se ocupaba da casa e dos fillos. Polo tanto, o sustento económico procedía dun só soldo.Coa emancipación da muller do fogar, os soldos de cada membro traballador non se manteñen, senón que se dividen. Deste xeito, en cada casa entra a mesma cantidade de cartos polo dobre traballado.

. As estratexias familiares están cambiando. A taxa de natalidade é cada vez menor debido á pouca flexibilidade de horarios unido ós baixos salarios. Isto supón unha forma de control social (lembremos que as xornadas están organizadas por unha organización política de esquerda-nacionalista).

 -Por unha parte, a lexislación debería obrigar ás empresas a crear garderías dentro das factorías ou flexibilizar os horarios. Por outra parte, o salario mínimo debería verse aumentado e non dividido.

 -O retraso da idade de xubilación é unha mala estratexia porque merma os dereitos dos traballadores e imposibilita a incorporación da xente xoven, especialmente da muller, ó mercado laboral.

 Grupo TGP: 4V

Entre tópicos marxistas

As xornadas marxistas se dividían en dúas conferencias: “A revolución no mundo árabe” e “Revolución socialista e guerra civil”. O obxectivo das xornadas é probar que o fin natural da sociedade é a organización socialista. Como exemplo exponen o caso da guerra civil española e das revoltas sociais en Exipto, Túnez e Libia. Lonxe de ser un discurso argumentado e interesante, moi ó noso pesar, foi unha xornada soporífera chea de tópicos que denotaban unha gran carencia de información e formación dos conferenciantes. Tanto é así que ata os asistentes, de confesa ideología marxista (un deles levaba unha camiseta co lema: “patria, socialismo o muerte”), contradicían o que se expuso.

 A conferencia é de fácil resumo: o capitalismo produce unha sociedade clasista que os medios de comunicación lexitiman. As continuas revoltas sociais só son a proba de que a sociedade tende cara a socialismo, que é a forma de organización social ideal, solidaria e igualitaria.

Non existiu documentación de ningún tipo, só propaganda carente de fondo. As palabras “capitalismo” e “burguesía” repetíanse por doquier, nunha visión reduccionista e desactualizada do pensamento socialista. Puxeron de exemplo de liberdade de expresión a situación de Venezuela e de Cuba, e a nacionalización de empresas levada a cabo por Hugo Chávez como unha “medida moi progresista”.

Grupo TGP: 4V

Obxectivo: veganismo

A xornada consistiu no visionado do documental Peaceable Kingdom (O reino pacífico). A continuación, abriuse unha rolda de debate entre os asistentes.

O documental pretende reflectir a realidade das explotacións gandeiras, sobre todo a situación dos animais nas grandes factorías. As imaxes son duras: móstranse animais feridos, moribundos e maltrato manifesto por parte dos traballadores. A montaxe do vídeo, dende a selección das personaxes que aportan o seu testemuño ata a lacrimóxena música escollida, está realizada para sentir repulsa pola utilización dos animais por parte do ser humano. Ata ese momento non deixaría de ser un documental destinado á sensibilización da comunidade polos animais, de non ser pola súa conclusión: a necesidade do veganismo. Os veganos non visten nin comen nada procedente dos animais, de forma directa (carne) ou indirecta (leite, ovos ou queixo).

Despois do documental abriuse un debate bastante parcial, cuxo obxectivo era a apoloxía do veganismo e o ataque ós “comedores de carne”. As conclusións foron as seguintes:

– Comer animais é similar ó canibalismo.

– Non se debe facer sufrir a ningún ser vivo que teña a capacidade de sufrimento.

– A intelixencia humana non xustifica a explotación animal.

– Mellorar as condicións de vida dos animais non é a resposta porque o seu destino seguiría sendo a morte.

Grupo TGP: 4V

Asociación “A Rebolta”

A Asociación Medio ambiental “A Rebolta” naceu de xeito lexítimo (inscrito no rexistro de asociacións de Galicia) o 31 de maio do ano 2010 na parroquia cruceña de Camanzo co obxectivo de “promover e afianzar os valores do medio natural, especialmente os da zona entre os socios e veciños, concienciando  na responsabilidade persoal de todos na súa conservación e protección”, tal como se recolle nos seus estatutos. A súa estrutura organizativa está configurada por algúns dos veciños e veciñas da aldea camanceira, entre os que se atopa a integrante do grupo Soraia Villar Pardo, que desempeña a labor de secretaria de dirección. As demais membros colaboran coa asociación na pega de pancartas, recollida de firmas e na asistencia ás reunións. Os obxectivos específicos da asociación son:

– Desbroce por parte dos socios/as das masas comúns  que están totalmente abandonadas dende hai anos.

– Reivindicar unha mellor sinalización dos tramos de vía.

– Solicitar contedores para a reciclaxe dos residuos.

– A mellora dalgúns tramos de estradas, totalmente  desfeitos polo tránsito dos camións e tráilers.

Grupo TGP: 4V

500 millones de amigos

   

No haces 500 millones de amigos sin ganarte algunos enemigos. Como ya sabréis, ésta es el eslogan de La Red Social, la película que relata el nacimiento de Facebook. Con la figura Mark Zuckenberg como protagonista, asistimos a los primeros pasos no muy firmes que darán más tarde lugar al nacimiento de la red social más importante del mundo.

Se nos muestra a un Zuckerberg prepotente, un genio con poca paciencia y las ideas bastante claras; un hombre con pocos escrúpulos, introvertido y ambicioso. Muchas han sido las críticas que aseguran que la película no es fiel a la realidad, pero sin embargo todos coinciden en que el perfil del protagonista está muy conseguido y que ha conseguido captar la esencia de una persona muy peculiar.

Read the rest of this entry

Onze Ponto Um Esportes

Olá, amigos da Espanha! Venho aqui apresentar-lhes o nosso blog de jornalismo esportivo, com foco no futebol. Gostaríamos muito de contar com a visita de vocês. Para visitar nosso blog, clique aqui. Voltarei aqui para anunciar as atualizações do nosso blog.

Sem mais, Osmar Lopes, aluno de Jornalismo da Universidade Federal de Ouro Preto.