A muller na sociedade

As conferencias xiraron en torno á posición da muller na sociedade, a través da análise de diferentes eidos: o laboral e o sindical.

 Con respecto ó plano laboral, a conferenciante foi Luísa González, do Observatorio da Mariña pola Igualdade. As conclusións foron as seguintes:

-A incorporación da muller mudou o panorama profesional. Na estratexia familiar tradicional o home traballaba fóra do fogar e a muller se ocupaba da casa e dos fillos. Polo tanto, o sustento económico procedía dun só soldo.Coa emancipación da muller do fogar, os soldos de cada membro traballador non se manteñen, senón que se dividen. Deste xeito, en cada casa entra a mesma cantidade de cartos polo dobre traballado.

. As estratexias familiares están cambiando. A taxa de natalidade é cada vez menor debido á pouca flexibilidade de horarios unido ós baixos salarios. Isto supón unha forma de control social (lembremos que as xornadas están organizadas por unha organización política de esquerda-nacionalista).

 -Por unha parte, a lexislación debería obrigar ás empresas a crear garderías dentro das factorías ou flexibilizar os horarios. Por outra parte, o salario mínimo debería verse aumentado e non dividido.

 -O retraso da idade de xubilación é unha mala estratexia porque merma os dereitos dos traballadores e imposibilita a incorporación da xente xoven, especialmente da muller, ó mercado laboral.

 Grupo TGP: 4V

Posted on 5 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Non penso que ocurra iso de que ahora que unha familia na que traballan home e muller chegue o mesmo soldo que cando só chegaba o soldo do home.
    Creo que se o salario se reduciu foi pola crise e non pola entrada da muller, pero bueno tampouco estou moi posta neste tema, aínda que creo que se reducen actualmente os salarios faise para todosigual, tanto para eles como para elas.
    Respecto ó tema da estratexia de familia, estou totalmente de acordo e creo que é unha pena que miles de parexas teñan que renunciar a formar unha familia ou reducir o número de membros desexados por culpa duns horarios de traballo que nos cubren a maior parte do tempo. Creo que as empresas deberían tomar rendas e proporcionar máis axudas tanto a elas como a eles, como coas axudas para a maternidade, que creo que só se lles concede a elas un tempo de descanso, aínda que non estou moi seguro, no caso de que esté no certo, eles tamén deberían ter un periódo para coidar á nai e ó seu fillo. Esa baixa temporal, asegurando un NON DESPIDO, pode proporcionarlle a outros traballo aínda que só fose por 16 semanas (tempo que dá o subsidio de maternidade). Disminuíndo así o paro.
    Isto pode soar a ilusa, pero por probar…non se perde nada.
    E polo último punto nada que engadir…simplemente que é unha inxustiza que se alongue ese tempo para xubilarse, xa que cada día o paro aumento, e unha persoa vella non pode dar tanto de sí como unha nova. E o mesmo cando as empresas piden experiencia para comezar no traballo…se naide lle da traballo para empezar nunca se adquirirá esa experiencia e nunca avanzaremos na sociedade.

  2. María Glez Salpurido

    Ó igual ca Julia, non coincido co que dicides de que o soldo que entraba antes á casa, cando só traballaba o home, é igual ós dous que entran agora. E menos penso que isto teña que ver coa entrada da muller no mercado laboral.
    En canto á baixa por maternidade si que a poden coller tamén os pais, co “pero” de que se terá que repartir o tempo que concede o subsidio entre as dúas partes.
    E si, é certo que a lexislación debería axudar máis ás familias que queren ter fillos e non poden polo traballo porque hoxe en día a única saída para moitos é deixar o traballo. Porque o que é certo é que o empresario só vai buscar o beneficio propio. Tamén no debemos de esquecer que no momento en que se decide formar unha familia, unha parte fundamental debería ser dispoñer de tempo para dedicarlle ós fillos, polo menos cando son pequenos, que son cando máis o necesitan. E traballando, con xornadas laborais de 8 horas, iso non é posible.

  3. Equipo de crítica e correccion

    Tras escuchar la conferencia y haber expuesto las conclusiones, ¿qué opináis vosotros? ¿Creéis que es así? ¿Estáis de acuerdo con las conclusiones a las que llegan?

  4. Al igual que mis compañeras, yo tampoco creo que ahora entre el mismo dinero por el doble de trabajo. Si que es cierto que la tasa de natalidad bajó, pero no creo que esos sean los únicos motivos. Hoy en día, los jóvenes estudian hasta edad mas avanzada, no se dan ido de casa y quieren mayor libertad (viajar, etc) y no pensar en niños. Así que no todo es el paro y la flexibilidad de horarios (aunque sí deberían flexibilizarlos y proporcionar ayudas, está claro).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: