Asociación “A Rebolta”
A Asociación Medio ambiental “A Rebolta” naceu de xeito lexítimo (inscrito no rexistro de asociacións de Galicia) o 31 de maio do ano 2010 na parroquia cruceña de Camanzo co obxectivo de “promover e afianzar os valores do medio natural, especialmente os da zona entre os socios e veciños, concienciando na responsabilidade persoal de todos na súa conservación e protección”, tal como se recolle nos seus estatutos. A súa estrutura organizativa está configurada por algúns dos veciños e veciñas da aldea camanceira, entre os que se atopa a integrante do grupo Soraia Villar Pardo, que desempeña a labor de secretaria de dirección. As demais membros colaboran coa asociación na pega de pancartas, recollida de firmas e na asistencia ás reunións. Os obxectivos específicos da asociación son:
– Desbroce por parte dos socios/as das masas comúns que están totalmente abandonadas dende hai anos.
– Reivindicar unha mellor sinalización dos tramos de vía.
– Solicitar contedores para a reciclaxe dos residuos.
– A mellora dalgúns tramos de estradas, totalmente desfeitos polo tránsito dos camións e tráilers.
Grupo TGP: 4V
Posted on 5 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged Participación (TGP´s), Voluntarios. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Nos explicáis el funcionamiento y los objetivos de la asociación pero no contáis nada sobre vuestra experiencia allí. Deberíais profundizar un poco en el tema y contar vuestra vivencia e impresiones.