Entre tópicos marxistas

As xornadas marxistas se dividían en dúas conferencias: “A revolución no mundo árabe” e “Revolución socialista e guerra civil”. O obxectivo das xornadas é probar que o fin natural da sociedade é a organización socialista. Como exemplo exponen o caso da guerra civil española e das revoltas sociais en Exipto, Túnez e Libia. Lonxe de ser un discurso argumentado e interesante, moi ó noso pesar, foi unha xornada soporífera chea de tópicos que denotaban unha gran carencia de información e formación dos conferenciantes. Tanto é así que ata os asistentes, de confesa ideología marxista (un deles levaba unha camiseta co lema: “patria, socialismo o muerte”), contradicían o que se expuso.

 A conferencia é de fácil resumo: o capitalismo produce unha sociedade clasista que os medios de comunicación lexitiman. As continuas revoltas sociais só son a proba de que a sociedade tende cara a socialismo, que é a forma de organización social ideal, solidaria e igualitaria.

Non existiu documentación de ningún tipo, só propaganda carente de fondo. As palabras “capitalismo” e “burguesía” repetíanse por doquier, nunha visión reduccionista e desactualizada do pensamento socialista. Puxeron de exemplo de liberdade de expresión a situación de Venezuela e de Cuba, e a nacionalización de empresas levada a cabo por Hugo Chávez como unha “medida moi progresista”.

Grupo TGP: 4V

Posted on 5 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Lara Barreiro

    Non entendo se o exemplo e Cuba e Venezuela o poñían dnde un punto de vista positivo e negativo, porque a liberdade de expresión neses países deixa bastante que desexar, tamén no resto de zonas, pero creo que alí mais…
    Tampouco estou de acordo en que a evolución das sociedades tende cara o socialismo, só hai que ver a cantidade de gobernos europeos liberalistas de dereitas que hai nestes intres. Claro que xurden revolucións, pois os ciclos sucédense e repítense. Os cidadáns non satisfeitos piden o cambio, e se con este a situAción non mellora, quererán un novo xiro de goberno.
    Por último, creo que os conferenciantes caen na trampa de “crerse” unha ideoloxía. As ideoloxías non deben ser seguidas a cegas, o que debe ser seguido son as nosas propias ideas.

  2. Equipo de crítica y corrección

    Cual es la opinión de vosotros, es el socialismo la solución a los males del mundo, muchos países han vivido bajo ese modelo. Como periodistas qué piensan de lo dicho en Venezuela y Cuba, paises donde realmente no hay libertad de expresión, en uno más marcado que en el otro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: