Comunicación e territorio: tipos de identidade territorial

No seu artigo “Territorio, cultura e identidades. A rexión socio-cultural”, Gilberto Giménez (autor xa traballado en aula expositiva) realiza unha moi interesante clasificación dos tipos de identidade en función do territorio ou da rexión. É a que adxuntamos a continuación:

En dito estudo, Giménez analiza a influencia da cultura e maila identidade, entendidas como un todo, tanto no desenvolvemento das rexións coma nas políticas executadas con tal fin. Unha cultura que, grazas á eficacia que consegue a partires da mediación da identidade, define normas, finalidades e valores que orientan a organización da produción e mais do consumo nun territorio. E unha identidade definida coma aquilo que se manifesta cando polo menos unha parte significativa dos habitantes dunha rexión incorporou ó seu propio sistema cultural os símbolos, valores e aspiracións máis profundas da devandita rexión.
Xa Max Weber na súa obra “A ética protestante e o espírito do capitalismo” resaltaba a influencia dunha condición cultural, a relixión, na economía.

TGP 2G

Posted on 6 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Correción Grupos 1-2

    Interesante artigo, aínda que un pouco complicado de entender para que os que non o limos. Pode que un exemplo nos axudara a comprendelo mellor. Como o aplicariades a Galicia?

  2. Darío Domínguez Fernández

    Sempre me pareceu fascinante ver e analisar como o territorio inflúe na personalidade de cada individuo, o orgullo localista (comezando por min mesmo) e ver as diferentes posturas que teñen as persoas neste eido, así como o que intentan facer para mellorar o seu lugar e comunidade.

    Como valorades vós isto? Credes que é absurdo sentir orgullo de ser dun lugar, pois é un resgo case aleatorio?

    Grazas

  3. Estou de acordo co grupo de corrección pois se non liches o artigo é un pouco complexo de entender e un exemplo de seguro que facilitaba as cousas pero dende a miña opinión (superficial), o territorio é evidente que inflúe na persoa, no seu comportamento, nos seus valores e nas súas aspiracións xa que todos podemos observar cando vemos a xente doutros territorios, especialmente os afastados de nós, que estes pertencen xa polo mero feito de pertencer a outro territorio a outra cultura e polo tanto teñen uns valores diferentes pois lle dan máis importancia a cousas que nós non lle damos e viceversa e ao tempo tamén teñen unhas aspiracións que son moi distintas ás nosas e que os leva a vivir a vida doutro xeito.

  4. grupointeractivo1

    Estou de acordo coa complexidade do artigo para os que non o limos.
    Por outra parte, non creo que sea absurdo sentirse orgulloso de ser de un lugar, aínda que sexa unha cousa aleatoria, é evidente que o lugar do que somos vai influenciar en nós, vai definir algúns rasgos do noso carácter así como moitos dos nosos valores.

    Alba Basanta López

  5. Ben, en primeiro lugar pedirvos desculpas por se a redacción do post non é o suficientemente clarificadora para entender ben o contido da explicación de Gilberto Giménez. Aquí vos deixo o enlace ó seu artigo completo para que se algún de vós ten interese que o lea: http://www.mexicanosdisenando.org.mx/WebMaster/Articulos/GG.Territorio.pdf.
    Neste artigo Giménez estuda se o desenvolvemento de intercambios económicos globais e máis da globalización ten ou non que ver, e vai ou non ocasionar, a desaparición dos localismos. Mais niso non quixen redundar porque é máis do visto en clase. O que realmente me pareceu interesante é esta clasificación dos tipos de identidade en función do noso territorio ou rexión de pertenza.
    El di que a identidade rexional é, segundo Bassand, a imaxe distintiva e específica que os actores sociais dunha rexión se forxan de si mesmos no proceso das súas relacións con outras rexións e colectividades. Unha imaxe que pode existir baixo o influxo dun patrimonio común, sexa pasado ou presente, ou unha historia común, ou unha común actividade económica…, ou todas estas condicións xuntas.
    Así mesmo, Bassand establece unha tipoloxía dos actores sociais en función do seu grado de pertenza ou de identificación rexional. S

  6. (E dinlle a intro sen querer. Continúo neste outro comentario) Son cinco clases. A miña explicación aplicada a Galicia a continuación. Os apáticos son aquelas persoas que viven na terra e que non teñen expectativas de marchar, pero, a un tempo, non queren saber nada do de aquí e siguen as lóxicas do consumo de masas global (para min, e aquí xa entro en interpretacións moi persoais, Gloria Lago e a demais xente de Galicia Bilingüe, coa súa política de derribo cara o noso ben máis prezado, que é a lingua, son unha boa exemplificación deste primeiro tipo). Os emigrantes potenciais son todas aquelas persoas que, por unha ou outra razón, queren ou teñen que marchar da terra, o seu destino adoitan se-las grandes cidades e a súa conciencia identitaria tampouco é moi forte. Eu, que desexaría fondamente ser xornalista de guerra e correspondente do estranxeiro, seguramente sería un bo exemplo de isto menos na característica da conciencia identitaria. Eu creo que hai que mirar de dentro pero sempre cara fóra, non de dentro cara dentro como fan algúns, ou exclusivamente cara fóra como fan outros. Os modernizadores son aquelas persoas que queren adaptar o territorio ós criterios imperantes na globalidade na que habitamos, a súa identidade e o seu respecto pola cultura e mailas tradicións non adoita ser moi elevado tampouco (para min todas aquelas persoas ás que lle importa un pemento a conservación do patrimonio xa sexa este artístico ou cultural, e só pensan en edificar cemento e ladrillos en Galicia, serían un bo exemplo disto). Os tradicionalistas son aqueles que non aceptan que nada se toque, e que non se fagan cambios no que son as tradicións da sociedade. Adoitan ter unha conciencia rexional fortísima (o noso querido Bastos podería incluírse nesta clase). E, finalmente, os rexionalistas queren desenvolver o propio e moderniza-la sociedade pero a través dos recursos e das capacidades endóxenas, non a través de deshumanizados sistemas de produción de masas (o municipio de Allariz e os seus dirixentes dan boa fe disto).
    E esta concepción da identidade, e, sobre todo, a que sexa maioritaria nun momento dado, ou ostente o poder, definirá tódalas políticas e mailo desenvolvemento dunha comunidade. Como ben sabedes, en Galicia non se adoptan as mesmas medidas se goberna o PP, o PSOE ou o BNG. Cada un posúe as súas estratexias e o seu ideario propio. E cada un ten a unha parte de cidadáns que o respaldan condicionalmente e outros que oscilan, movidos por condicións do momento, dunha a outra opción, que, para min, son aqueles cuxa identidade está menos clara ou menos definida.
    En definitiva, é da identidade da que depende a pervivencia ou non pervivencia do “statu quo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: