Vivir perigosamente
Cubrir unha información controvertida pode ser unha actividade de alto risco. O ano que vivimos perigosamente conta historia de Guy Hamilton, un xornalista inexperto que encontra a oportunidade da súa vida profesional indo de reporteiro ás revoltas de Indonesia. Alí atopa as trabas propias dunha situación convulsa e un territorio hostil no que a é difícil desempeñar o traballo de comunicador.
Hamilton debe adentrarse e conseguir contactos no territorio para ter acceso aos elementos importantes da comunidade e á información para lograr boas historias. Así é como coñece a Billy Kwan, un fotógrafo local que lle consegue unha entrevista co xefe dos insurrectos comunistas contra o ditador Sukarno. A súa fama como cronista vai en aumento e chega a custarlle algún conflito cos seus colegas de profesión.
No filme mestúranse e superpóñense historias relacionadas coa envexa, a intriga, o amor e o xornalismo. Precisamente é entre estas dúas últimas entre as que o protagonista ten que escoller nun momento determinado, inclinándose pola súa profesión, facendo gala dunha actitude que se confunde entre a vocación e a ambición.
TGP 4T
Posted on 6 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged Club de lecturas, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Muy buena elección para lecturas, esta es una historia que muestra a lo que se tienen que enfrentar los profesionales para conseguir y llevar la información, qué piensan de ese dilema entre vocación e intereses? qué opinan de esos conflictos entre los propios periodistas, están de acuerdo que si se quiere sobresalir no importan los medios y a quien dejes tras de ti?
Eu penso que é unha cuestión de prioridades vitais. Tanto pode ser lícito deixar de lado certas cousas persoais por ser un xornalista recoñecido coma por ser escritor, empresario, político ou médico… Practicamente todas as decisións son respetables.
Darío Domínguez