Denise Dresser, sen medo en México

Na procura de datos para ampliar a información da que dispoño sobre a lexislación e regulación radiofónica mexicana, para abarcar unha marxe maior de coñecemento sobre a radio latinoamericana que me toca analizar, La Voz de los Mayas, atopei no blog de AMARC México un discurso da xornalista mexicana Denise Dresser. Ademais do seu extraordinario currículo, é unha gran crítica de Felipe Calderón e da actual lei mexicana sobre o audiovisual, coñecida popularmente como “Ley Televisa” que só favorece o duopolio do Grupo Televisa e TV Azteca. Creo que é un punto de vista moi interesante e arriscado no que critica sen medo a moitas das multinacionais que hai en México que impiden o desenvolvemento cultural e económico do país. Para todos aqueles que o queiran ver:

Parte 1:

Parte 2:

Parte 3:

Fariña Santos, CL4X

Posted on 7 Maio, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. A min a situación de México é un tema que sempre me interesou, sobre todo a situación de Ciudad Juárez.
    Paréceme incrible como ese duopolio mediático do que falas renuncia a contar o que está pasando nese terrible lugar: mulleres e máis mulleres asasinadas, nenos que medran vendo os crimes como algo normal (“os sicarios do futuro”, en palabras da xornalista rioxana Judith Torrea), narcos campando ás súas anchas… E é que a guerra contra o narcotráfico que o presidente Calderón sostén que se está levando a cabo non é tal guerra. Mentres se perseque e demoniza ós pequenos traficantes, non se trata de erradicar a raíz do problema: os grandes empresarios que están detrás de todo ese comercio ilegal de drogas e cos que Calderón séntase sen problema ningún para asinar acordos. Ó mellor incluso algún deses “empresarios da droga” ten que ver con eses dous medios dos que falas, Televisa e TV Azteca.
    Déixovos aquí un enlace ó blog de Judith Torrea, a única xornalista estranxeira que se atreve a retransmiti-lo día a día de Ciudad Juárez: htpp://juarezenlasombra.blogspot.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: