“O entorno é unha peza clave na construcción da personalidade”

Desde que nacemos, pertencemos a un medio socio-cultural e durante toda a nosa vida estamos en constante relación con outras persoas. A sociedade fúndase en base á comunicación e gracias a ela é posible o seu funcionamento. Para coñecer que ten que ver a psicoloxía en todo este proceso acudimos a Estrella Romero. Doutora en Psicoloxía e Profesora Titular de Universidade, Estrella desempeña actualmente a súa labor como profesora na facultade de psicoloxía da USC, no Departamento de Psicoloxía Clínica. A personalidade e o entorno son para ela pezas clave no establecemento das relacións comunicativas nunha sociedade.

3R. Así de forma xeral, ¿qué papel xoga a psicoloxía na comunicación entre as persoas?

Estrella Romero. A personalidade e as habilidades individuais son cruciais na comunicación. As persoas diferenciámonos polo estilo de comunicarnos (máis aberto, máis expresivo, máis reticente, máis suspicaz…), e, ademais, hai habilidades que aprendemos ao longo do tempo para comunicarnos cos demais (cómo manexar a forma de presentarnos, cómo evitar malentendidos, cómo axustar o ton ao destinatario da nosa mensaxe…). Obviamente, a psicoloxía, como disciplina científica, ten moito que dicir sobre a comunicación.

3R. Entón, ¿cómo inflúe o entorno na construcción da personalidade?

E.R. O entorno é unha peza clave na construcción da personalidade. A personalidade vaise configurando a partir da combinación de disposicións herdadas e de experiencias ambientais. O medio no que nos desenvolvemos é un ingrediente básico no noso desenvolvemento. Esa é unha verdade case “axiomática” para a psicoloxía.

3R. ¿Cre vostede que o ser humano é un ser social por natureza?

E.R. O ser humano está preparado para vivir en sociedade, relacionarse cos demais, colaborar, apoiarse, sustentarse nos seus conxéneres. Sen iso a súa supervivencia veríase considerablemente afectada.

3R. Pasando a algo xa de carácter máis científico, ¿existe algún tipo de trastorno psicolóxico que dificulte a comunicación dunha persoa co seu entorno/comunidade?

E.R. Hai moitos trastornos que teñen no seu centro dificultades de comunicación. Por citar só algún, os trastornos do espectro autista, ou algún trastornos da personalidade (esquizoide, esquizotípico).

3R. ¿Debería estar a psicoloxía entre as “armas ou calidades” dun bo comunicador?

E.R. Hai bos comunicadores que, sen sabelo, teñen unha sabedoría “psicolóxica” implícita, unha especie de talento natural para a transmisión eficaz de mensaxes. Pero esas calidades son susceptibles de ser aprendidas e adestradas… E a psicoloxía ten moito que dicir sobre iso, cómo non.

3R. A miúdo se di que os mass media nos manipulan e, en certo modo, nos manexan. ¿Que papel xogan os medios de comunicación na construcción do pensamento dunha persoa ou comunidade?

E.R. Nas nosas sociedades os medios de comunicación desempeñan un papel crucial na definición de estereotipos, aspiracións, expectativas, categorías, xuízos… Non é o único factor que inflúe na nosa construcción, pero ten que ser considerado como un factor moi relevante na construcción da identidade persoal e colectiva.

Dende aquí queremos mostrar o noso agradecemento a Estrella pola súa colaboración. Moitas gracias.

TGP 3R

Posted on 8 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Equipo de crítica e correccion

    Sin duda, la psicología explica muchos de los comportamientos humanos. ¿Qué os ha aportado los conocimientos que os explica Estrella Romero? Y en relación a nuestra futura profesión, ¿cómo creéis que debemos actuar cuando trabajemos en algún medio de información(ya que son un factor como dice ella, muy relevante)?

  2. Jorge Quintáns

    Axudounos a ver a importancia da psicoloxía á hora de comunicarnos e establecer relacións con outras persoas. Como di Estrella, “a psicoloxía ten moito que dicir sobre a comunicación”. Non está de máis ter certo coñecemento desta disciplina, tan importante no noso día a día.

    3R

  3. Nuria Augusto

    Sí, estoy de acuerdo que el entorno en el que vives poco a poco te va construyendo tu personalidad. Comparto, que según las experiencias que vivas en cada espacio o con las personas que conozcas en ese momento, pueden hacer girar tu personalidad, en un sentido o en otro.
    Un ejemplo para explicar esto, podría ser el de una mujer que sufra malos tratos, tanto físicos como psicológicos, a manos de su pareja. Es tan grande el daño psicológico al que pudo estar sometida, que la mayoría de los casos se vuelven desconfiadas de todo el mundo, y pueden pensar que cualquiera les puede hacer daño. En ese espacio va a sentir pánico, un miedo atroz a saber cuándo será la próxima paliza que reciba, y aunque intente huir y
    cambiar a otro ambiente en el que cesen esas palizas, esa opresión que sintió, esa inferioridad ante los demás permanecerá ahí de por vida, demostrando una gran inseguridad con todas aquellas personas con las que se vaya encontrando el resto de su vida.

  4. grupointeractivo1

    Na miña opinión a psicoloxía na nosa profesión pode axudarnos a saber como tratar con certas persoas. A saber por onde levar a conversa e as preguntas, sen “facer dano”, sen poder facer que o entrevistado se sinta ofendido… A psicoloxía tamén nos pode axudar no sentido de que abordando dunha ou de outra maneira á persoa, dependendo da súa personalidade, podemos conseguir que nos conte unhas determinadas cousas ou non.
    É por isto que considero que a psicoloxía é unha parte moi importante na nosa futura profesión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: