Información institucional ou contidos partidistas, onde está o ben común?

As dúas radios que analicei (Radio Amazonas e Radio Municipal de Tui) gardan un estreito parecido nalgúns aspectos, pero noutros, a diferenza entre ambas á abismal. Por exemplo, en relación ao enfoque que se lle da aos contidos, o tratamento é completamente distinto.

Radio Amazonas céntrase en contidos políticos cunha aparente intención por difundir certo dogma político. Hai unha defensa moi forte da cultura ecuatoriana e vélase constantemente polos interesas das comunidades indíxenas. En moitas ocasións búscase a confrontación política cos que se opoñen á ideoloxía do Partido Roldosista Ecuatoriano, do que forma parte o director da radio, Ángel Núñez. Radio Municipal de Tui evita a confrontación política e céntrase en contidos máis pedagóxicos. Dedúcese que isto ven determinado porque o seu financiamento depende directamente do goberno municipal.

RMT mantense fóra das polémicas políticas e intenta contalas coa máxima distancia política. Radio Amazonas enmárcase dentro do bando da esquerda populista Latinoamericana. Non se sabe moi ben quen elabora mellor a información, se RMT, con información institucional, ou Radio Amazonas cun claro fin partidista losxe do “Ben Común”.

Vila Alonso, Sara CL4

Posted on 9 Maio, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Pablo Dacosta Rodríguez

    Para mí la información institucional es información evidentemente sesgada e incluso en ocasiones, manipulada. Responden a ciertos intereses políticos o económicos, o a ambos a la vez, y por lo tanto nunca darán información totalmente objetiva.

  2. Javier González Penedo

    A obxectividade, a imparcialidade e a independencia son preceptos utópicos e dificilmente fáctibles. Fins políticos e económicos na máis das veces condicionan, irremisiblemente, o produto final achegado polos diversos medios. Custa moito poder pensar que ningunha acción da rutina produtiva se verá afectada, directa ou indirectamente, por calquera tipo de distorsión que altere o seu contido real e exacto.
    Afastándose da ansia de poder e de éxito fundamentalmente, medios e xornalistas optarían a achegarse e a estar en disposición de proporcionar unha información honesta, fidedigna e veraz. Indagar e investigar pola propia man, sen tolerar nin admitir dalgunhas das partes presións externas e datos parciais non contrastados, semella conditio sine qua non para que o cidadán poida recibir a información que merece.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: