Rematando o traballo
Os membros do grupo 4U do TGP chegamos á fin da nosa labor de colaboración tanto coa Sociedade de Debate de Competición (SODECO) como con Comunicación Estudiantil (COES). En primeiro lugar destacamos a conclusión adquirida tras integrarnos no mundo dos debates. Un mundo de respecto, argumentos e valores no que nos vimos inmersos en diversas datas e onde puidemos comprobar que non existe unha única opinión válida sobre un tema e que todo punto de vista ben argumentado ten a súa parte de razón. OS temas tratados foron explicados en profundidade no post anterior.
No tocante á experiencia en COES, incidir na importancia dunha boa organización en defensa do estudantado. En contra do pensado, atopamos unha asociación aberta e plural, onde calquera pode opinar, colaborar e loitar polos dereitos do alumnado. Vimos toda a labor que levan a cabo, que por certo é bastante amplia e debería ter máis recoñecemento do outorgado por todos.
Ademais das actividades de participación destacaremos a asistencia ás II Xornadas MNG, que nos aportaron unha renovada visión sobre os problemas concernintes ao idioma galego así como á súa integración na sociedade moderna. Tamén tiveron un papel moi informativo no referente ás novas tecnoloxías e á súa utilización en ámbitos tan dispares coma as relacións persoais e a política que son fundamentais para o funcionamento da sociedade.
TGP 4U
Posted on 9 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged Participación (TGP´s), Tempo de escoitar, Voluntarios. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Debatir é, dito de maneira directa e rápida, a acción de conferirlle poder á palabra fronte ás armas. Por minoritario, extraño e inaudito que sexa un determinado postulado, un bo argumento no que se sustente pode conferirlle a este unha relevancia, un posicionamento e un recoñecemento plenos e respetables. A maior parte das cousas coas que convivimos son relativas, e nese relativismo, sempre e cando se acheguen os fundamentos sólidos precisos, toda versión ten ou cando menos debería ter cabida. A tolerancia é un factor indispensábel en toda converxencia que teña lugar no seo dun diálogo equiparado e xusto.
Felicidades polo traballo que realizáchedes, realmente é moi interesante, seguro que este labor ademais de servirvos de axuda para realizar o traballo TGP, servirvos para aprender un pouco máissobre a vida, así que enhoraboa. Un tirón de órellas, na etiqueta non figura o o grupo práctico ao que pertencedes, arranxádeo.