O blog reactívase!
Pois iso, despois da Semana Santa tan cutre que tivemos en comentarios, aínda precisamos outra semana máis de resaca para que por fin se retome seriamente a actividade do blog, sobre todo grazas ó debate (aínda que un pouco confuso si está a ter bastante seguimento) e ós grupos de comunicación exterior.
Polo que fomos lendo, estes son os comentarios máis interesantes:
Como a orde non é sinónimo da calidade dos comentarios, aquí vos van “a piñón”:
O de Rubén en El periodista ejerce su labor en el centro de una telaraña, ou o de Raquel Rodríguez en O xogo da guerra son unhas visións bastante persoais do comentado no post, pero tamén temos outros como o de María González en A bombra de Facebook, ou a versión máis “protestong” de Pablo Mayo en O xornalista funcionario. Blanca, amósanos en Experiencias Facebook que o seu traballo de TGA (e a exposición que nos deu na clase) non foi en van, e Javier González danos a súa visión da película This is England no comentario homónimo. Por último, para non esquecernos do debate, de aí rescatamos o comentario de Álex sobre como deberían actuar os medios locais se queren garantirse un futuro.
Seguide participando así!!
Posted on 10 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged En PORTADA, Segue a pista. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0