A arma máis poderosa
As radios comunitarias son as ferramentas idóneas para experimentar cos límites das novas tecnoloxías e a retroalimentación pregunta-resposta do binomio emisor-receptor – máis cambiante a cada paso – é unha plataforma perfecta para amosar outras experiencias de comunicación tecnolóxica. O seu proxecto acompaña o proceso de transformación das poboacións e constitúe a arma máis poderosa da que dispoñemos para evitar que a construcción do sentido público e a producción do coñecemento se fragüen só nos medios comerciais e nos discursos das altas esferas.
É mester articular os esforzos individuais a través delas para seguir discutindo a noción de propiedade e chegarmos á conclusión, tal e como puxo de manifesto Mariano de Cuac FM, na clase do pasado venres, que a emisión e recepción de información é un dereito fundamental do cidadán. Todo isto se desprende das acertadas palabras de Gastón Montells, ex director da emisora arxentina FM La Tribu e profesor de Ciencias da Comunicación na UBA. Déixovos o vídeo dun atinado discurso que servirá para comprender a esencia, os obxectivos e o desenvolvementos deste tipo de radios.
Nerea Pallares Vilar, CL4X
Posted on 11 Maio, 2011, in Documentos and tagged Colaboracións, Comunicación Local, Radio. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Un post moi interesante sobre a importante función que exercen os medios comunitarios para a construción dunha información máis libre e plural na esfera pública.
É imprescindible pórlle coto de algunha maneira ós poderosos.