¿É posible un Estado Español 2.0?

O día mércores 13 de abril, englobadas nas xornadas da mocidade galega A Nación 2.0, fomos á conferencia impartida por diferentes líderes políticos das nacións históricas. O reparto de mandatarios foi Xosé Manuel Beiras, ex – portavoz nacional do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, Josep Huguet, ex – Conseller Generalitat de ERC e Patxi Zabaleta, líder de Aralar e Portavoz de Nafarroa Bai no Parlamento de Navarra. As cuestións tratadas, tinguidas de polémica, xiraban arredor de que o Estado Español debere reformarse para avanzar cara un estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe. Como única saída defenden a existencia dun secesionismo que debe chegar a través do pobo, unido e cun obxectivo en común. Xosé Manuel Beiras foi o líder máis polémico, dado que criticou ao Estado español de oprimir ao galego e fixonos un chamamento a tod@s para que nos organicemos nunha comunidade e poidamos reivindicar dunha vez por todas o noso dereito a decidir. Os argumentos escollidos para defender as súas posturas utópicas parécennos demasiado radicais e que non se axustan á realidade de hoxe en día, centrada en saír dunha crise na que os políticos nos meteron e mediante a fragmentación do Estado sería imposible saír adiante.

(2L)

Posted on 12 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: