Transmitindo os valores interxeneracionais.

Na exposición de hoxe quixemos mostrarvos as nosas reflexións sobre os valores que compartimos ou non cos nosos avós.

Nós pensamos que camiñamos como vos dixemos no Prezi cara un modelo prefigurativo de aprender dos novos, aínda que hoxe estamos imitándonos entre pares como no modelo configurativo.

Con respecto ás preguntas da “superioridade” da muller nas tarefas domésticas nós pensamos que obviamente a influenza da sociedade por inculcarnos sentimentos maternais nos fai ser máis “preocupadas” polos fillos. Pero pensamos, ó igual ca Margaret Mead que a capacidade reproductora nos conduce a esa empatía natural das nais cos fillos.

Con respecto da inmigración estamos dacordo con que é imposible pensar ó longo da vida sempre o mesmo, pero aínda que non podemos xeneralizar, os nosos avós teñen certos prexuízos. Poden estar inculcados pola sociedade, pero están ahí e é algo que lles dificulta as relacións comunicativas e as experiencias vividas. Unha experiencia inculcada que debería evitarse pensamos.

Estas foron as nosas reflexións. Se queredes comentarnos algo que hoxe non vos deu tempo a facer ou algo que non se vos ocorriu, podedes facelo aquí.

TGP 3Ñ.

Posted on 12 Maio, 2011, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. Lucía González

    Parabéns compañeiros pola exposición, en primeiro lugar ! Pero hai un punto no que discrepo da vosa exposición. Ben é certo que fai uns aniños as mulleres eran as encargadas do coidado da casa e dos fillos, polo tanto é totalmente natural que xurda unha capacidade de escoita e empatía máis grande pola súa parte. Pero hoxe por hoxe, polo menos no meu caso persoal, as cousas mudaron de xeito positivo. Eu manteño máis conversas co meu pai e enténdeme máis que miña nai, pero dende sempre ! Supoño que haberá moitas e diferentes experiencias e que nunca chove a gusto de todos.

  2. Trala interesante exposición de hoxe teño que dicir que eu si que estou dacordo con que as mulleres teñen ese “algo especial” que non posúen os homes. Se ben pode haber excepcións coma en todo, penso que a muller demostrou ao longo da historia ter a capacidade de facer fronte a multitude de tarefas e cos mellores resultados. Non quero infravalorar o papel do pai para nada, ao contrario, creo que a nai e o pai teñen cada un o seu rol específico na educación dos fillos.

  3. Parabéns pola claridade da exposición. Eu estou de acordo coa miña compañeira Diana, pois penso que na maioría dos casos as nais son sempre as que teñen esa capacidade de atención de cara os fillos da que carecen os pais. Se cadra xa non é só pola tradición e polo que acontecía tempo atrás, senón porque homes e mulleres, tanto para ben como para mal, non somos iguais e isto ten que manifestarse dalgún xeito. O que teño claro e que na miña casa a diferencia entre ambos e bastante grande.

  4. Pablo Lago Fernández

    Respecto da exposición creo que fixechedes un moi bo traballo. Sen dúbida o uso do prezi e das entrevistas deulle un toque moi ameno, ademáis de que a experiencia persoal creo que deubos seguridade a hora de expor e falar do tema.

    Respecto as vosas conclusións hai un aspecto particular no que estou en desacordo e é a habilidade da muller. Foi un tema que deu que falar na clase e na vosa exposición. Desde a miña experiencia persoal creo que no se trata de una cuestión sociolóxica ou biolóxica senon práctica. Aínda que na miña casas as tarefas soen ter certa división clásicas (os homes arregran, as mulleres limpan e cociñan) puiden ver que se trata de una cuestión de que son labores que desenvolven ben porque levan moito tempo facendoas, tal vez por ese roles que predominan na sociedade.

    Pero un exemplo máis curioso é o da cociña no que traballan tanto miña avoá como o seu irmán. ¿Cal dos dous é millor? Depende. Hai pratos que ó meu tío saénlle moi ben, outros que a miña avóa non se llaen especialmente deliciosos (aínda que disto eu NON dixen absolutamente nada) e outros onde non hai diferencia quen o faga. Na miña familia poido ver como esas habilidades na cociña e cos pratos non veñen cuns roles ou cun xénero, senón cun costume e unha práctica.

    • Cristina Méndez Salgado

      Estou dacordo contigo en que a práctica favorece a “mellor realización” das tarefas, pero penso que o feito de as mais teñan máis capacidade comunicativa ben intrínseca a nós. Os valores familiares que nos inculcan contribúen de grande forma, pero penso que a forma de enfrontarnos a vida e a capacidade de sacrificio fan que nos vexamos máis capacitadas para ter esa empatía natural.

  5. Mirian Fernández Vázquez

    Noraboa pola exposicióm, resultou interesante e amena.
    Encanto ao tema tratado penso que os avós son unha parte fundamental no nosa infancia, ao igual que eles aprenden de nós, nós con eles adquirimos coñecementos que só unhas persoas desa idade nos poden ensinar.
    Con respecto á relación cas nosas nais non penso que teñan algo “especial” distinto dos pais como se afirmou, se non que son elas as que, na meirande parte dos casos, pasan máis tempo con nós e as que mellor nos coñecen e nos comprenden.

  6. Equipo de crítica y correción

    Primeiro decirvos que fixéstedes unha boa presentación, elixístedes un tema pode que complicado, pero que grazas ás vosas experiencias vos resultou máis sinxelo, ou polo menos así o mostrástedes ante o resto da clase.
    En segundo lugar, tratástedes nun primeiro momento a relación entre avós e netos, salindo despois como tema o rol da nai e o pai. Neste útlimo punto, e en referencia ó rol actual entre pai/nai, querería preguntarvos se falastedes coas vosas nais e nais, ou solamente ofrecístedes información dende a vosa opinión.
    É dicir, se lles preguntástedes o seu punto de vista, tanto a el como a ela, sobre o rol da muller na sociedade de hoxe no ámbito doméstico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: