Diferencias xerárquicas

Machis cara 1903

“Radio Aukinko : somos un equipo de trabajo compuesto por profesionales y estudiantes con el apoyo de comunidades y organizaciones del pueblo mapuche integrada por lonkos, machis y werkenes de nuestra zona”.

Así se define esta radio comunitaria, que promove a cultura do pobo mapuche. Fixémonos en tres termos que inclúe entre os seus colaboradores. Estas son as definicións de ‘lonco’, ‘machi’ e ‘werkén’:

Un lonco é o xefe da comunidade mapuche. O cargo ten aspectos relixiosos e administrativos.

Machi é o nome usado para designar a persoa que ten a función de autoridade relixiosa, conselleira e protectora do pobo mapuche. Debido a que actualmente é moito menor a proporción de homes que cumpren a función de machi, adóitase describir ao machi como unha muller mapuche.

Un werkén ou werke, tamén escrito huerquén ou huerque, é unha autoridade tradicional do pobo mapuche. Cumpre funcións de conselleiro do lonco e adoita ser o portavoz da súa comunidade. Noutros tempos, debían memorizar longas mensaxes para comunicarllas con fidelidade a outros loncos.

Con estas tres definicións gustaríame poñer de relevo as diferenzas en canto a organización xerárquica que estableceu Europa e exportou ao resto do mundo. Aínda que Radio Aukinko non está apoiada por institucións que sigan a legalidade vixente en Chile (importada dende o mundo industrializado), si colaboran coa radio os principais membros da comunidade mapuche, cunha autoridade mesmo maior que as institucións entre o seu pobo, pero sen unha estrutura burocrática moderna, polo cal, esta radio (e a cultura que defende) é minorizada no panorama mediático chileno.

 Anxos Zas Pampín    CL4X

Posted on 18 Maio, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: