Daily Archives: 25 Maio, 2011

Lingua, cultura e comunicación

A lingua adoita ser a maior expresión da identidade dunha lingua. Por iso, ante o xenocidio burocrático ao que Chile someteu aos mapuches, e debido á necesidade de reafirmar o seu status de cultura diferenciada, Radio Aukinko, ademais de ofrecer gran parte da súa programación no idioma mapuche, mapudungún, ofrece cursos desta lingua. ‘Mapundungún’ significa ‘o falar da terra’, esa terra pola que aínda teñen que seguir loitando. Para os curiosos, deixo un link onde se pode acceder a un diccionario infantil para aprender mapudungún, recomendado pola propia emisora.

Anxos Zas Pampín, CL4X