Delia Crovi Druetta
A doutora en estudos latinoamericanos pola Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da UNAM, Delia Crovi, agraciounos no día de hoxe cunha excelsa e profunda conferencia, enfocada no sector audiovisual, sobre o panorama das estratexias das industrias culturais de fins do século XX e comezos do XXI no país mexicano.
Tralo informe MacBride (1980) promulgado pola UNESCO, cuxo obxectivo era o desenvolvemento dun novo equilibrio mundial no ámbito da información e da comunicación máis xusto e eficiente, foi no ano 1982 cando fixeron aparición as primeiras políticas neoliberais que traen consigo o camiño cara políticas fiscais e monetarias restritivas e o ideal de medios de servizo público, cunha orientación ó libre mercado, á privatización e a unha desregulación que trouxese da man un maior dinamismo dos axentes económicos. Isto entraba en confrontación coa situación existente décadas atrás, na que a actividade gobernamental condicionaba, indefectiblemente, a existencia das telecomunicacións.
Deste xeito, o Tratado de Libre Comercio de América do Norte (TLCAN) de 1994, a privatización coa que se pretendía negociar cun monopolio determinado no 1990 de Telmex (empresa mexicana de telefonía) adquirida principalmente polo consorcio Grupo Carso de Carlos Slim, a cal encabeza agora o mercado das telecomunicacións en México, ou a venta do paquete de medios de canais de TV que estaban nas mans do goberno no 1993 nun ambiente no que Televisa xa se estaba a impor na hexemonía de sistemas abertos e de pago ó seu rival de duopolio no eido de medios televisivos TV Azteca, son exemplos definitorios do neoliberalismo que estamos a referir.
Así pois, na actualidade, levouse a cabo unha salientábel re regulación, como o “decretazo” do 2002, o rexeitamento da nova Lei de Medios de 2010 ou a Ley Televisa do 2006, pola cal se concede ás televisións privadas o uso dun ben público pertencente ó Estado, que ratificou o inicio liberal de fins do século XX. Así mesmo, a Axenda Dixital Nacional de abril do 2011, vén a promover un incremento da banda ancha que estea ligada ó crecemento e ó desenvolvemento.
Deste xeito, sempre tentando mellorar o marco regulatorio, o exercicio público do dereito a comunicar ou a inclusión de contidos dixitais; a cobertura, a competencia e a converxencia veñen a ser os eixos base ó redor dos que ha de xirar as medidas que se están a promulgar.
Un longo camiño semella aínda por recorrer, pero como a mesma Delia Crovi di: “la única definición del éxito posible es hacer bien lo que se quiere hacer”.
Miranda Ramos, Ángel
González Penedo, Javier
Posted on 8 Xuño, 2011, in Documentos and tagged 2010-2011, En PORTADA, Xornalismo. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0