A construción do Eu

Fai uns días, tratabamos  nas aulas a importancia da comunicación na nosa construción persoal; a formación do Eu en relación co Outro. Falabamos de que nesta formación intrapersoal, interpersoal, social e masiva se interrelacionan tres esferas: a natal, a da aprendizaxe e a do traballo.

Mais, realmente somos un núcleo fixo e forte sobre o que inflúen estas esferas ou simplemente o produto da súa interacción? Julian Baggini, xornalista e filósofo, estuda as complexidades da identidade persoal. Nunha charla TED reflexiona sobre a existencia do Eu: http://www.ted.com/talks/lang/en/julian_baggini_is_there_a_real_you.html

Persoalmente, selecciono a idea final: “o eu real é algo que en parte descubrimos, pero que tamén creamos”.

E nesta creación do Eu, tomamos as decisións axeitadas para a consecución dos nosos obxectivos? Noutra charla TED, Daniel Goldstein fala da interacción da nosa personalidade actual e futura: http://www.ted.com/talks/lang/es/daniel_goldstein_the_battle_between_your_present_and_future_self.html

En definitiva, podemos ser o que nós queiramos, sempre que teñamos claro o qué  e o cómo. ¿Querer é poder?

Negreira Rey, S2C

Posted on 29 Febreiro, 2012, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Non. Querer, non é poder. Para poder hai que ter os recursos, contar coas persoas e que o ceo non se che caiga na cabesa como temen Asterix e Obelix (é dicir, que haxa un contorno favorabel, perdoe o lapso irónico) Xa falaremos dilo cando abordemos a De Certeau.
    Para querer hai que construir unha actitude, de querencia, de amar as cousas e as persoas, máis que de quererse a si mesmo, que tamén. O Eu medra en contacto sempre co Nós. Se non, quizabes esteamos falando só de nenos, aínda que sexan grandes. Que tampouco é mala cousa. Pero aí xa falamos de Iles.
    En todo caso, é difícil falar na comunicación desde o Eu. Pois, cando comunicámonos sempre tentamos interpelar a un Outro, que comprenda as (nosas) necesidades. Outra cousa é cando vivimos o proceso de individuación (de aprendizaxe) que é toda a vida: cando tentamos comprendela e asimilala. Facémo(nos) Eu. Grazas polas referencias.
    Martínez Hermida CIC

    • M.Cruz Negreira Rey

      Se ben é certo que o Eu se constrúe en contacto co Nós e co noso entorno, é interesante facerse eco da idea que expón Julian Baggini. A inquedanza que ás veces vemos en moitas persoas pola “imperiosa” necesidade de coñecerse a sí mesmos, converteríase en algo ben sinxelo se observasen detidamente o seu medio e a súa forma de interactuar con el, en troques de querer analizarse da pel para adentro.
      E si, son consciente de que fan falta recursos, pero tamén é certo que canto máis queiramos menos forza terán os límites do poder. Grazas asemade polas matizacións.

      • Non eran matizacións, tan só unha disquisición ao paso. Cada quen apoiase nas súas experiencias e coñecementos. ë posible contrastar o que dixo, co que eu apuntei. Non hai ánimo de sanción algunha.
        Amosar o interese polo poder, implica saber onde se está, con respecto dil. O poder é central, e podemos dar voltas e voltas ao seu redor. Nisa centralidade o poder estende unha malla (ou unha máscara) discursiva pola que non sabemos nunca en que lugar se atopa, cando pode ser accesible. Nunca o é, en realidade. Unha vez aquí, outra alá, pero esvaese en canto nos achegamos e aparece noutro lugar. De Certeau propuña unha lectura do poder con respecto as súas estratexias, que eran sempre diferentes ás tácticas. As tácticas as empregamos todos aquiles que non temos o poder nise intre. A estratexia formúlase a partires do planeamento, da capacidade de xerar efectos que mudan os escenarios, os contextos, as persoas, e as súas vidas. As tácticas utilízanse para sobreviver, para safar, escamotear as estratexias do poder. E falar do poder como unha singularidade (é mellor, poderes, ou cadea de poderes), hoxendía, é incerto. Non axuda ao propósito de acadalo ou procuralo. Estamos falando desde un certo sentido filosófico do poder, claro está.
        Martínez Hermida CIC

  2. M.Cruz Negreira Rey

    Gústame esa imaxe do poder central que se esconde para non poder acadalo. Seremos entón como as polillas arredor da luz: atráenos irremediablemente pero cando tentamos chegar a el, o golpe fainos recuar. Quizais porque sempre que conseguimos algo, xeralmente sempre queremos máis. Gracias de novo.

  3. Jessica Méndez

    Moi bo e interesante post, Cruz! Eu quería dicir que máis que “querer é poder”, crer é poder; por poñer un exemplo, só hai que mirar cantas veces os pronósticos ou percepcións da realidade se acaban facendo reais porque a colectividade os toma por certos ou viceversa…(Falo do “Teorema de Thomas” e da “Profecía suicida”, respectivamente).
    Un bico, sigue así 🙂

    • Sra. Méndez.
      O de crer é poder, máis que o que di W.Thomas (que obedece a unha moi determinada situación), significa ao intrapersoal, que xa non ao interpersoal. Pois a crenza amplifícase na individualidade e desde aí ocupa outros espazos a partires do conflicto entre conciencia e relación (a maioría das veces posibles relacións obxectuais, simbólicas estricto senso)
      Se o poder está no centro da individualidade (sen estalo efectivamente) a estratexia é fatal, non só a consecuencia. Dun xeito máis “normalizado” podemos velo comunmente en certas relacións patolóxicas de consumo. Sobor de todo respecto as novas tecnoloxías.
      Recoméndolle a Paul Watzlawick e o seu libro É real a realidade?, que desde o Centro de Saúde Mental de Palo Alto comezou os estudos modernos da comunicación, realmente como estudos xa de comunicación por si mesmos. Todo comezou estudando aos tolos. Non sei se seguemos na mesma. Penso que si. Apertas.
      Martínez Hermida CIC

      • Jessica Méndez

        Ah, pois moitísimas grazas pola recomendación, interésame moito o tema, hei mirar.
        Un saúdo.

    • M.Cruz Negreira Rey

      Jessica, as aportacións son moi interesantes, debo recoñecer que non coñecía o teorema de Willian Thomas. Graciñas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: