Daily Archives: 1 Marzo, 2012
Redes Sociais. O opio do pobo
Sucede que me custa comprender esa nova capacidade que ten o ser humano para vivir nunha burbulla co seu móbil ou ordenador ó fín de establecer unha comunicación co resto da sociedade.
Dende fai uns anos, non posuir unha conta nas redes sociais supón certo grao de aillamento no eido das relación sociais. Agora, parece que a madeixa dá unha volta máis e a ausencia dun Smartphone leva ós mesmos derroteiros.
Incoscientemente, estamos a converternos en unidades independentes, herméticas e alonxadas da realidade. Algún dirá que coa cibercomunicación podemos achegarnos a persoas que doutra maneira nos sería imposible, persoalmente considero que este é o único elemento realmente positivo do uso das redes sociais. Todo isto ven á leria de que os ”grandes tratos” fanse en persoa, sen teclas e sen esas pantallas que anestesian as mentes dunha sociedade acomodada no seu rol.
As relación humanas foron, son e deben ser face to face que dirían os yankis, outros tipos de relacións como poden ser o corpo a corpo de seguro que nos achegan moito máis nos distintos pontos de vista sobre as relacións interpersoais a través da internet. En ocasións, escoito dicir que se quedáramos sen internet unha semana, produciríanse suicidios de xeito masivo, a min non me pilla … son tan moderno que apenas emprego as redes sociais.
Ó parecer o adxetivo ”friki” perdeu as súas connotacións negativas, vésaxe a retranca .
Angel Castro Silva. S1B