Redes Sociais. O opio do pobo

 Sucede que me custa comprender esa nova capacidade que ten o ser humano para vivir nunha burbulla co seu móbil ou ordenador ó fín de establecer unha comunicación co resto da sociedade.

Dende fai uns anos, non posuir unha conta nas redes sociais supón certo grao de aillamento no eido das relación sociais. Agora, parece que a madeixa dá unha volta máis e a ausencia dun Smartphone leva ós mesmos derroteiros.

 Incoscientemente, estamos a converternos en unidades independentes, herméticas e alonxadas da realidade. Algún dirá que coa cibercomunicación podemos achegarnos a persoas que doutra maneira nos sería imposible, persoalmente considero que este é o único elemento realmente positivo do uso das redes sociais. Todo isto ven á leria de que os ”grandes tratos” fanse en persoa, sen teclas e sen esas pantallas que anestesian as mentes dunha sociedade acomodada no seu rol.

 As relación humanas foron, son e deben ser face to face que dirían os yankis, outros tipos de relacións como poden ser o corpo a corpo de seguro que nos achegan moito máis nos distintos pontos de vista sobre as relacións interpersoais a través da internet. En ocasións, escoito dicir que se quedáramos sen internet unha semana, produciríanse suicidios de xeito masivo, a min non me pilla … son tan moderno que apenas emprego as redes sociais.

 Ó parecer o adxetivo ”friki” perdeu as súas connotacións negativas, vésaxe a retranca .

 Angel Castro Silva. S1B

Posted on 1 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. 20 Comentarios.

  1. Andrea Fernández

    No podría estar más de acuerdo contigo Ángel y eso que tengo que reconocer que yo soy una viciada de las redes sociales.
    Pero no llego al extremo de decir “si estoy una semana sin Twitter me tiro por la ventana”. Me gusta mucho estar conectada a las redes sociales y hablar con gente con la tengo poca relación fuera de internet. Pero no es menos cierto que con mis amigos prefiero hablar en una cafetería, delante de una Coca Cola, que mediante Internet.
    No hay nada mejor que pasar una tarde tomando algo tranquilamente con los “colegas” y manteniendo una conversación cara a cara. Ni el Twitter supera esa sensación.

  2. Castro Silva S1B

    Alegrome que asi sexa, en certa medida aínda que non emprego tanto como a vosa xeración as redes sociais non podo dicir que non as reviso case que a diario. En canto o de tomar algo nas cafeterias, escribirei un futuro post adicado as ebrias fases de conversa que se dan lugar nos bares.

  3. Alba Domínguez Piñeiro

    Ángel, que verdades máis ben ditas. Sen dúbida ningunha estou de acordo contigo. Xa eu mesma falei no meu post de que se están a perder as relacións cara a cara. Pérdese o calor dunha boa conversación tendo ó teu interlocutor diante. Vale que as redes sociais nos axudan a manter contacto con xente ca que ó mellor non o poderiamos ter doutro xeito, pero parece mentira que haxa xente que prefira o tuetichat a tomar un café na terraza dun bar mentres charlas agradablemente cos amigos, ou que existan persoas que estando a menos de dous metros de distancia utilicen para comunicarse o famoso e para min tan inútil whatsapp.
    Ó parecer xa somos uns cantos os que abogamos por recuperar as relacións interpersoais “1.0”. A ver se conseguimos algo e recuperamos vellas costumes. Ás veces é necesario deter o progreso polo progreso (parafraseando dalgún xeito ó personaxe de Dolores Umbrige na obra de J.K. Rowling “Harry Potter”).

  4. Lara Lozano Aguiar

    Parece que a xente esta dacordo con todo o que sae nos post en referencia ás redes sociais. Gustaríame que un día nunha clase expositiva se miraran todos os ordenadores que están en funcionamento. A maioría, por non decir todos, están nalgunha rede social e logo, as persoas que están conectadas, aproveitan os comentarios que debemos facer nos post para reivindicar a comunicación entendida como o cara a cara! Que mentirosos somos xornalistas!

    • Andrea Fernández

      Yo soy una de esas personas que está enganchada a las redes sociales en clase, pero eso no quiere decir que no esté de acuerdo con lo que dice Ángel.
      Ya dije al principio de mi respuesta que era una viciada a las redes sociales, pero eso no implica que haya mentido a la hora de exponer mi opinión. Para nada, he sido todo lo sincera que puedo.
      Cuando quedo con mis amig@s para tomar algo en una cafetería, nunca me llevo el ordenador. Otra cosa es que esté en la cafetería de la faculta, haciendo un trabajo o hablando con alguien que no está allí. Son cosas diferentes.
      Pero insisto en que no digo que estoy de acuerdo con Ángel por quedar bien, lo digo porque realmente es lo que pienso. Y una vez que te enganchas a una red social, no es tan fácil desengancharse.

  5. É certo, as redes sociais están colonizando o noso día a día. Non podemos ser hipócritas e reivindicar a comunicación tradicional cando a maioría de nós empregamos Internet nun 50% mínimo para o uso de Facebook, Twitter, Tuenti e compañía. Debemos buscar un equilibrio entre ámbalas dúas alternativas de comunicación, non camuflar a realidade.

  6. hortensia gesteira estévez

    é que que as redes sociais avancen na actualidade é só froito do que o ser humano fai. Concordo co dito nos dous últimos comentarios. Que a comunicación “cara a cara” avance só depende de accións tan simples como cando imos a unha cafetería non estar co ordenador conectado ao lado. Iso evidenciaría ademais unha falta de respecto cara ás persoas que están compratindo mesa con nós. É algo que temos que facer entre todos e non só con dicilo, senón con actuar.

  7. Temos un problema, quizáis e que esto de momento é demasiado novo e estamos aprendendo a convivir coas redes sociais. Quizais pronto nos decatemos de que eso non é bo para as relacións e acabemos por deixalas.

  8. hortensia gesteira estévez

    tampouco se trata tanto de deixalas, senón de reducir o seu uso…

  9. Castro Silva S1B

    Bueno en primeiro lugar, vexo que vos aburrides de carallo e que postear no medio da semana non foi boa idea. Dicir que en ningún momento rexeitei a función das redes sociais. Por certo non son mentireiro, mañan mesmo podo ensinarche (Lara) os últimos comentarios que puiden facer en facebook ou tuenti, ademais do número de tweets que realicei na miña conta en aproximadamente 8 meses. Por outro lado concordo coa idea de Tensy de ”falta de respeto” e coa de Rivera de que quizais cando nos percatemos do problema xa sexa tarde, co opio dixéronme que pasaba o mesmo.

    • Lara Lozano Aguiar

      Eu non falo de ti, falo de moita xente en xeral! Non me gusta dar nomes pero parece de xente sin coherencia escribir algo co que non estas dacordo!

      • Castro Silva S1B

        Eu penso que podes estar en desacordo coa idea da comunicación vía redes sociais e ser a súa vez unha víctima do que a sociedade impón, todo nós somos títeres manexados por mans negras…jjajaja(de ahi a idea de anestésico). Como empece co conto das mans negras que dirixen á Humanidade aínda vos vades botar unhas risas. Concordo contigo en que se debera predicar co exemplo.

  10. Jessica Méndez

    Estoume emocionando, en serio. Eu máis que de opio, falaría de veleno; necesítase un apoio visual nunha conversa, eu, persoalmente, tomaba todo a mal cando falaba polo chat do meu difunto Facebook (que, por certo e por desgraza, aínda hei ter que volver abrir porque algo escoitei de que á xente que non consta aí a van sacar do censo…).
    As redes sociais atontan e nunca vou cansar de repetilo.

    • Castro Silva S1B

      Descanse en paz a súa conta de Facebook, que tanta gloria leve como paz lle deixa. É certo que as redes atontan, normalmente eu chámolle anestésicos, a xente pasa horas e horas pegado o seu Pc e dalle igual se o teito da casa lle vén enrriba.

  11. David Leiro Magdalena

    Sabedes? estáseme ocorrendo unha comparación absurda, pero ilustrativa: recordo que cando era neno e vía Digimón envexaba entrar no mundo dixital, e quen me diría a mín que hoxe, aínda que de distinta maneira podería facelo. No que as redes sociais derivan é nun aillamento social. Hai que distinguir o mundo “digimon” do mundo real.

    • Castro Silva S1B

      Completamente dacordo David, a comparación é algo exaserada pero moi válida. Agardo o momento no cal a balanza volte a deitarse do lado da conversa ”tradicional”.

  12. Sr. Castro.
    Hoxe leo no “periódico global en español” (EL PAÍS) -non sei se este é opio, pero si ten moito aseite- a páxina de Daniel Innerarity que aconsello repasen respecto do “blouf” tecno. Por unha vez é aproveitable.
    Pódese ver en: http://elpais.com/elpais/2012/02/28/opinion/1330446416_732470.html
    E deixe algo para poder escoitar as campás.
    Salú.
    Martínez Hermida CIC

    • Castro Silva S1B

      Realmente un artigo interesante, cando menos podo ler cousas que están proximas ó meu pensar. O certo é que no post inicial intentei sesgar ó máximo a miña posición na procura da confrontación. Do artigo do País vou quedar con 3 puntos que comparto:

      – Internet no elimina las relaciones de poder sino que las transforma.
      – Aquí se juega la cuestión de la neutralidad de la Red: la influencia que se ejerce sobre los usuarios no está en el contenido sino en el marco [..] influencia que condiciona nuestros hábitos .
      – El hecho de que Internet se base en la facilidad y en la confianza constituye también su vulnerabilidad.

      PD: Escoito campás pero non sei onde está a igrexa. Con isto quero dicir que creo que nos vai ter que axudar un pouco a cerca de como encamiñalo noso traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: