Comunicar a través das paredes

Comunicarse é unha necesidade individual e social que busca satisfacerse por calquera medio. Moitos ven o graffiti formando parte desa infinidade de estratexias de comunicación. O graffiti dentro da nosa comunidade é algo moi recorrente xa que os e as que o realizan tratan de comunicar e reflexar unha expresión que lles permita darse a coñecer ou de algunha maneira dicir que están aí, que están presentes. Tampouco falta quen o ve como unha ferramenta de resistencia contra o establecido, unha arma de combate contra un sistema que consideran anquilosado e obsoleto. Para iso, botan man de símbolos, iconos, personaxes, letras, sinais… que plasman na arquitectura das cidades, máis habitualmente. Aínda que non o pareza, a vida do graffiti vén de lonxe e é que, segundo diversos estudos, considérase que a súa primeira aparición histórica tivo lugar na antiga Pompeia, e que seguiu evolucionando (e tanto) ao longo do tempo ata chegar ao século XX, onde os seus usos comezaron a extenderse. Para moitos que se adican profesionalmente ao mundo do graffiti como unha arte, consideran que un gran obstáculo para o seu traballo hoxe en día é que a maioría da sociedade confunde o graffiti co vandalismo. Para eles, o graffiti transmite, comunica, é unha forma de expresar; mentres que o vandalismo está orientado á agresión simbólica, física, material. E vós, tamén opinades que as paredes poden falar?

Varela Fernández, S3B, T4B1

Posted on 4 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. Estaría ben tirar unhas fotos distes rastros urbanos. Vai moito tempo tamén estiven eu traballando nistes textos. Hái moita literatura sobor dilo. Tería que buscar, algho terei por aí…
    Martínez Hermida CIC

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo seu comentario, Marcelo. Dende logo, non me había importar botarlle unha ollada a eses textos. A realidade é que a maioría da sociedade, incluíndome a min mesma tamén, confundimos moitas veces este tipo de comunicación co vandalismo. Creo que non viría mal estudalo dende un punto de vista que realmente coñece e entende esta estratexia de comunicación. De novo, grazas polo seu interese.

  2. Mª Cristina Mosteiro Reboredo

    Por suposto que as paredes poden falar e tanto! O graffiti é unha forma de pintar, de debuxar ideas, soños e ata utopías con sprais de cores. Apoio o graffiti ata o infinito, cousa, como ben dis que non se debe confundir co vandalismo. Iso si estes poden gustar máis ou menos, atentar contra unha ideoloxía ou contra un sistema establecido e politicamente aceptado. O respeto, esta debe ser a característica sempre de calquera expresión artística, como graffiti, arriba a comunicación das paredes!

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Cris. Efectivamente, estou totalmente de acordo contigo en que “o graffiti é unha forma de pintar, de debuxar ideas, soños e ata utopías con sprais de cores”. Creo que non podería dar cunha definición máis representativa. Pero tamén é certo que o achacamos de vandalismo moitas veces, e como lle dicía antes a Marcelo, creo que é convinte estudalo dende un punto de vista que realmente comprende o que é o graffiti, porque nós aínda estamos algo cegos para comprendelo. De novo, grazas polo teu comentario.

  3. Miriam Varela Fernández

    Marcelo, non sei a razón, pero non me deixa reponder a partir do teu último comentario. ¿Podería ser “Manual de guerrilla de la comunicación” de Luther Blisset? Polo título deduzo que se debe tratar de formas non tan convencionais de comunicación. Hai un exemplar dispoñible na facultade; tratarei cando menos de botarlle unha ollada. Grazas pola recomendación.

    • Si. Blisset e Brunzels, creo. Aí explica, se non me trabuco de libro, seguindo unha liña histórica da última parte do século XX as ferramentas alternativas da comunicación popular.
      Saúdos.
      Martínez Hermida CIC

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: