Euromentira

Xa queda pouco para que outra edición de “Eurovisión” chegue ás nosas pantallas. Con motivo disto e outro ano máis realizarase unha gala para coñecer cal será a canción que nos represente, ou mellor dito, que represente a todas aquelas persoas que crean nese “festival da canción”. Polo que a min respecta, non me creo nada deste festival que considero que non é máis que unha “tapadera” de intereses políticos.

Non digo que cando naceu non nacera co único interese de entreter, mais creo que todo iso foi cambiando ó longo dos anos. Hoxe en día non ganan as mellores cancións nin as mellores postas en escena senón todos eses países que hai pouco se incorporaron á unión. Non é máis que unha chuvia de intereses.

O que non entendo é por qué continuamos enviando xente a esta mentira e non intentamos aforrar o gasto que iso supón para o país, pois ó fin e o cabo as cancións que se envían non son para nada unha referencia da música que se realiza en España, ou calquera dos outros países participantes. Quizais estea equivocada e moita máis xente da que penso disfruta con este tipo de festival e posiblemente a miña opinión podería cambiar se atopase uns bos motivos, de momento seguirei mantendo que é unha forma de ternos entretidos e non pensar no que realmente está acabando con nós.

Quiñoy Montero, S3B, T3B2

Posted on 4 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Tes toda a razón cando dís que todo se trata de intereses políticos á hora das votacións, e a verdade é que todos os anos dame vergoña a canción que envían como representante de España. Pero aínda así, a min gústame ver o festival de Eurovisión. Non porque me gusten as cancións que levan, se non máis que nada para botar unhas risas e comentalo coa xente. Máis que nada é tradición. Eu lembro cando era pequena e veía Eurovisión, e despois todos os compañeiros o comentábamos na escola, ríndonos das cancións patéticas, e dicindo cales nos gustaran ou cales non.

    Noelia Casalderrey Carballal

    • Laura Quiñoy Montero

      Teño que confesar que eu tíñao como tradición ata fai cousa duns tres anos, pero víao co mesmo fin ca ti, para rirme e logo comentalo e non polo que me puidese “aportar” a nivel musical.
      A día de hoxe non lle vexo outro fin que non sexa ese e, a verdade, cústame crer que haxa xente que o vé realmente porque lle gusta.

Deixa unha resposta a seminariocomunicacion1 Cancelar a resposta