Galicia é de primeira
O Dépor e o Celta levan 5 anos sen coincidir na primeira división. Os do sur metéronse no inferno da segunda hai uns anos e non lograron salir del de momento, a pesar de que o ano pasado estiveron preto de conseguir volver. E os do norte, tras gañar unha liga e pasar os mellores anos da súa historia conseguindo fazañas por toda Europa, consumaron un descenso no pasado 2011 ao que se vían abocados desde hai varios anos.
Pero esta negatividade que aparentaba ata este ano o fútbol galego parece que está decidida a remontar a marcha. O Dépor eo Celta levan sobre o terceiro clasificado 9 e 7 puntos respectivamente, o cal é un colchón bastante amplo para poder soñar con volver a ver un derbi en primeira coma os de antes.
Propoño un pequeno debate neste post: credes que o Dépor e Celta o teñen todo feito e co paso do tempo consumarase tan ansiado ascenso de ambos ou pola contra queda moita liga e o que se viu ata agora, e a posición que ocupan na clasificación é algo circusntancial e non vai a ser coser e cantar como parece, ou quedará algún dos dous descolgado?
Rivera Rey, S3B
Posted on 4 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. 7 Comentarios.
Gústame que abras este debate Alberto centrandoo en termos futbolísticos e non en cuestións de “A miña cidade é máis grande” (aínda que sabemos que Vigo levaba as de gañar 😉
Este ano eu vexo aos dous equipos con moitas posibilidades de manterse arriba cara ás últimas xornadas, pois demostraron ata agora bo xogo ademais de ser capaces de sacar adiante eses partidos que parece que se enquilosan e se complican.
Aínda así, despois de cinco anos pasando frío en Segunda División teño que dicir que é unha competición complicada, incluso máis que primeira, e na que unha mala racha de 2 ou 3 partidos pode complicar cousas que parecía estaban xa resoltas. É máis, estar arriba tampouco significa o ascenso (sen ter en conta os dous primeiros postos evidentemente) porque no play-off a vida pode cambiar en 180 minutos, por moito que leves toda a tempada arrasando.
Eu aposto pola festa do futbol galego no 2013 en primeira.
Si ambos están ahí es porque se lo merecen. Ahora bien, pocas cosas hay más imprevisibles que el fútbol. Y ya sabemos que la confianza es la peor compañera.
Aínda queda liga… para tocar campás fale co grupo de Castro.
Martínez Hermida CIC
Digo eu Maru, na segunda non se supón que se pasa calor (por eso do inferno)?. Pero si, concordo contigo e co comentario de Noemí, non hai que confiarse.
Veremos dentro de tres ou catro xornadas se a cousa sigue igual de ben ou empeora.
Pásase frío pasase, que a tempada é longa e moitos equipos xogando ao patadon e pa’ arriba. ABURRIIIIIIIIDOOOO!!!!!
Yo soy de las que piensan que el Deportivo no puede jugar en segunda, y confiaba y confío en que esto sólo dure esta temporada. Por otro lado, el Celta casi consigue subir el año pasado, aún me acuerdo de la mala suerte que tuvieron en aquella tanda de penalties… Es cierto que no deben confiarse, pero creo que se está viendo una gran superioridad en el juego de los dos equipos gallegos…y ojalá suban los dos y podamos ver un derbi gallego en primera. Por otro lado, esto también me supondría tener al Barça más cerca de casa.
Jódeme eso que dis de que queres que suban os equipos galegos solo por ter ao Barça cerca da casa. Somos galegos así que debemos de apoiar ao fútbol e aos equipos de aquí.
Prefiro mil veces que sexas do Celta (aínda que non os trague) ca que sexas do Barça ou do Madrid.
Avante o fútbol galego.