O poder dos medios
Durante estes últimos anos, os medios de comunicación cobraron un papel moi importante nas nosas vidas. É por todos ben sabido que, xa dende o invención da impresora, a información converteuse nun instrumento de persuasión no que, o que importa non é o que se di, senón máis ben o que non se di.
Baseandonos entón na premisa de que a información é poder, podemos definir unha serie de fenómenos que rodearon a todo este ámbito e que produciron unha alienación do traballo que é a causante da actual situación de confusión mediática, onde xa nos se sabe o que é verdade e o que non. Moitos medios actuáis, case o 100 %, levan unhas rutinas de produción de traballo que impiden que a chegada da información a sociedade sexa obxetiva e clara. Os grandes medios de comunicación olvidaron a finalidade do xornalismo. Estas empresas deixaron de funcionar como fonte que surte a sociedade de información e pasou a ser exclusivamente unha loita de intereses económicos, empresariais e hexemónicos.
A realidade dos feitos, o que se coñece como valor noticioso desaparece. Agora, os intereses do medio de comunicación son o filtro da nosa realidade e esto impide que exista a obxetividade nos temas que se tratan no medio que chega ao lector. Manipulación, censura ou autocensura son termos que están moi vencellados actualmente o ámbito comunicativo e que, dende o meu punto de vista, quedan cortos para definir a situación que está a acontece na que o único que ten voz e voto é o dono ou donos do medio de comunicación, onde se conta só o que se pode contar e non o que realmente se debería contar, enganando a toda unha sociedade, que actua en consecuencia da información que recibe. Ao non ser fiable a información verquida por un medio, todas as ideas que se desprenden no texto, van a producir comentearios e opinión que xa teñen un defecto de raíz: a non representatividade da realidade. E é por iso que eu me pregunto, danos igual? Estamos dispostos a crear unha sociedade baseada na mentira e na manipulación?
Campos Gómez, S1A
Posted on 4 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Por desgraza hoxe en día, aqueles medios que nacen coa intención de simplemente informar, son noticia…
A verdade e que si. O mundo do xornalismo está a cambiar, e debemos buscar o noso espazo dentro do mundo no que vivimos, xa que, a figura do xornalista como a temos concibida esta abocada ao fracaso.