-Por que levas ese estúpido traxe de coello? -Por que levas ese estúpido traxe de home?

O poder de creación da mente humana é infinito. A nosa imaxinación é capaz de construír mundos extraordinarios nos cales cada un de nós somos os protagonistas. Vénseme á cabeza un dos filmes contemporáneos que máis me chamou a atención: Donnie Darko.

Donnie é un adolescente cunha intelixencia e unha imaxinación desbordante que, segundo diagnóstico, padece esquizofrenia. Atópase no medio de dous mundos alternos: o real e o imaxinario, que en ocasións converxen. As súas relacións persoais coa súa familia e amigos e o seu comportamento no seu entorno están condicionados por este tipo de experiencias surrealistas.

O alter ego do protagonista responde ás ordes de Frank, un ser diabólico que vive na súa mente. Frank trátase dunha prolongación de Donnie, dunha personalidade latente que só consegue desenvolver durante os seus trastornos psicolóxicos.

Durante estas viaxes a través da súa propia mente, Donnie consegue levar a cabo comportamentos violentos con resultados impactantes. A enfermidade de Donnie bríndalle a oportunidade de elixir, de burlar o destino e esquivar a súa morte con tódalas consecuencias que provocaría ou permitir o curso natural dos acontecementos.

Porén, Donnie prefire o mundo real, o de carne e óso, onde coñece o amor, onde pode rir cos amigos e gozar da súa familia. É por iso polo que decide romper coas súas experiencias mentais, co seu “outro eu” e volver á realidade, a pesar de que iso traia consigo a súa morte.

 

Bouza Veiga, S1B, S1A3

Posted on 4 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Andrea, si che chaman a atención os temas de enfermedades mentais como o da esquizofrenia que mencionas aquí deberías ler “Veronika decides to die” de Paulo Cohelo, é unha novela fascinante, pero por outra parte, gustaríame recomendarche “O diario de Ana Frank” xa que podes contrastar perfectamente os problemas dos que falas aquí.

  2. Andrea Bouza Veiga

    De feito, Raquel, xa lin a novela de Paulo Coelho que, sin duda, non deixa indiferente a ninguén. En canto ao Diario de Ana Frank, decirche que é unha obra muy carismática que aborda feitos dunha das épocas históricas que máis me fascina, aínda que o libro do que estás a falar non me impactara persoalmente.
    Unha película que afonda no Alter Ego do ser humano é El club de la lucha, unha das miñas favoritas, se non a viches, recoméndocha !

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: