Sen dúbida algunha podería tratarse dun feito extraído dun thriller de intriga ou misterio, ou dunha escena digna dun filme de xénero policíaco… pero como adoita dicirse, moitas veces (ou incluso a maioría das veces) a realidade supera á ficción.
O rebumbio que causou o asasinato do chófer Bernardino Pousa o pasado mes de setembro, o cal apareceu degolado debaixo do autobús que conducía, reaparece de novo coas detencións da filla do mesmo, o mozo desta e a ex muller da vítima.
Un suceso de tal calibre non pode menos que espertar toda unha serie de reaccións entre o pobo verinense, que non da creto a que a propia familia fose a que matase a Bernardino. As investigacións concluiron que foi o mozo da filla, Alberto Fernández, quen o golpeou na cabeza cunha barra de ferro e que foi a ex muller a encargada de contratar a un sicario portugués para que lle cortase o pescozo…así o acabou declarando Alberto Fernández tras a presión exercida pola policía. Agora búscase o paradoiro do presunto autor da degolación.
Un suceso inhóspito? Que merece a categoría de “incrible”? sinceramente, atrévome a dicir que non tanto nunca vila como Verín. Ubicada xusto na fronteira con Portugal foi sempre escenario de sucesos escuros, maiormente relacionados co tráfico de drogas. Como verinense podo afirmar que os axustes de contas ou aparicións de mortes semellantes é algo máis “familiar” aquí que en calquera outro espazo galego. De feito, o pasado venres acaba de aparecer un matrimonio maior morto por unha ferida de bala na súa casa de Vilardevós… outro crime que pasa a engrosar a lista verinense e que de novo angustia ás xentes desta vila ourensá.
Prada Estévez, Alba CL4X