Medios de comunicación comunitaria

Os medios de comunicación comunitarios proporcionan unha alternativa vital, orientada por obxectivos sociais en vez do lucro privado, empoderando ás persoas en vez de tratalas como consumidores pasivos, nutrindo o coñecemento local en vez de remplazalo por solucións estándares. A sociedade dende sempre tivo unha gran necesidade de información que os medios trataron de cubrir.O influxo que exercen os medios de comunicación de masas sobre a sociedade actual é innegable, nalgúns casos esta capacidade de intervención sobre o individuo, e por ende, da colectividade social pode resultar beneficiosa e sen embargo noutras ocasións, pode ter un efecto realmente prexudicial.Esta influencia produce unha autentica transformación do individuo. É por isto, que os medios de comunicación comunitarios deben están comprometidos cos enfoques de dereitos humanos, xustiza social e sostenibilidade para o desenrolo e son controlados polas mesmas comunidades.
Sendo a comunicación un dereito básico e unha condición para o desenrolo social, débense realizar as reformas lexislativas necesarias para asegurar o acceso efectivo e políticas de apoio para os medios de comunicación comunitarios.Ademais estes medios necesitan ter acceso suficiente a recursos financeiros que respeten e preserven a súa independencia do goberno e de corporacións comerciais de medios de comunicación. Só de este xeito poderán cumprir a súa función primordial, a de informar.

Díaz Leal, Carla

S1D, 2A1

Posted on 5 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 9 Comentarios.

  1. El post es muy interesante, pero mi duda es, ¿ este es un post personalizado o se trata sobre un TS? Porque el título está entrecomillado como si fuera un post TS.

  2. Es un post personalizado. Lo de las comillas fue un pequeño fallo pero ya esta corregido.

  3. Lara Lozano Aguiar

    A verdade e que desde sempre os medios de comunicació influíron directamente nas persoas. Hoxe en día parece que non hai novas alegres e a xente está en crise. Os medios e as persoas camiñan da man e hoxe máis ca nunca nótase. Gústame a túa síntese!

  4. Dapía Freitas, S1B

    Eu opino como Lara, máis que nunca camiñan da man, e “in crescendo”. Moi bo post Carla!

  5. Dende logo a influencia dos medios na sociedade é algo que vemos cada día e por desgraza non aprobeitan esta influencia para facer ben senon para nutrir os seus intereses.
    Alegrame de que vos gustara.

  6. Eu coido que, no canto de laiarnos, o que temos é que pasar á acción. Laiámonos sempre de que os medios de comunicación chamados de masas non teñen en conta as persoas, que se guían só por intereses empresariais ou ideolóxicos e non nos damos conta das posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías para combatir esa eiva.

    • Estou totalmente de acordo contigo toni sen embargo, alguen ten que dar o primeiro paso e moitas veces iso é o máis dificil de facer.

  7. O primeiro paso podemos dalo cada un de nós. Por exemplo aquí, neste mesmo blog, podemos escribir o que nos pareza interesante. Coido que temos bastante liberdade nese sentido e, en cambio, hai moita xente que se limita a escribir un “estou de acordo” ou “gústame o que dixo fulano/a” sen mergullarse nos temas que se propoñen. E se non nos chega a liberdade que temos aquí, podemos facer outro blog propio á parte, ou dous ou os que queiramos. e seguro que, se o que escribimos é realmente interesante, a xente seguirao/s.

  8. Coincido contigo en que de momento nos temos libertade e medios para poder dicir o que desexemos xa que de momento non traballamos para ningún medios. Pero que pasará cando encontremos traballo e a empresa para a que traballemos nos poña límites?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: