Se non queres casar, o mesmo da

Apáganse as luces. Un único foco, colocado nunha esquina ilumina o escenario. Cinco persoas, vestidas de negro están no centro. A música comeza a soar.

Así era como comezaba o pasado mércores a peza teatral “se non queres casar, o mesmo da”, unha recompilación das escenas máis coñecidas do teatro de Álvaro Cunqueiro. O escenario sempre era o mesmo, os actores tamén e sen embargo cada escena era diferente da anterior. Que era o que cambiaba entón? Cambiaba a maneira de comunicar.

Os tres actores que interpretaban os diferentes personaxes rían, choraban e soñaban o mesmo tempo, saltando dunha escena a outra co son dunha guitarra e dun tambor como telón de fondo. Porque o teatro é comunicación. O teatro é conseguir conectar co público e facelo participe da historia. A pesar de todo, debo recoñecer que neste caso concreto a obra non me chamou especialmente a atención, debido a monotonía que acompañaba  a certas escenas. Sen embargo, a capacidade de comunicación dos actores é algo que non se pode discutir. Porque actuar é comunicar e todos deberíamos de cando en vez ir ó teatro. Aínda que se non queres actuar, o mesmo da.

Cid Nieto, Claudia

S1D

Posted on 5 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 7 Comentarios.

  1. gobinterpersoal

    El tema de la comunicación de los actores es muy importante, y como los periodistas, hace muy poco que reciben fomración y antes cualquiera podía llegar a ser actor. ¿ Crees que para ser actor y comunicar se necesita algún tipo de formación?

  2. hortensia gesteira estévez

    Respondendo á pregunta formulada anteriormente, eu creo que hai certas persoas que teñen máis don para comunicar ca outras e nese sentido xa contan con moito andado á hora de formarse, Aínda así, como todo, creo que o saber comunicar sempre se pode madurar con certas técnicas, como ocorre no teatro.

  3. Personalmente, creo que para ser un buen comunicador si que se necesita formación, aunque es verdad que hay unos pocos (muy pocos) que nacen con ese don y no la necesitan. En muchas ocasiones sabemos que es lo que queremos transmitir y a quien pero no sabemos como. Yo creo que por ejemplo, en una facultad como la nuestra, la de ciencias de la comunicación, se deberían potenciar mucho más las capacidades de oratoria de cada uno, igual que a un actor le enseñan como debe interpretar la obra después de haberse aprendido el papel.

  4. Creo que esta obra, ademais de comunicar a través dos actores, comunicaba tamén a través da música que se empregaba para cambiar dunha escea a outra. Estou de acordo en que foi nalgúns momentos alo monótona pero tamén cabe salientar a capacidade interpretativa dalgúns actores que fixeron que determinadas pezas de Cunqueiro chegaran con máis forza ó público, así foi o caso de “O incerto señor don Hamlet: príncipe de Dinamarca”.

  5. Gracias polo comentario Soraya. Sen dúbida unha obra sen decorado onde toda a atención se centra nos actores é complicada de interpretar. Estou dacordo en que a música tamén xoga un papel fundamental o falar de comunicación.

  6. Creo que tedes razón cando decides que en esta obra prima a comunicación. Se prestas atención e deixaste ir, lévate dunha a outra peza con suavidade e sen monotonía. Na miña opinión éste foi teatro do bó. Dese que sólo se vé de cando en cando. A millor foi a actriz. Actuaba e cantaba moi ben, sen descansar en ningunha peza.

  7. Gracias polo comentario Sara, non sabía que tamén viras a obra. Sen dúbida as veces non é doado atopar obras como esta, o que nos demostra unha vez máis que a calidade dunha obra non sempre ten relación co número de expectadores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: