A xeito de cancela

Comezo a miña andaina neste blog avisando a tódolos navegantes do traballo que realizarei durante as vindeiras xornadas: a análise pormenorizada dun dos mellores suplementos que se publican na prensa local galega, ‘A Chaira’, do diario El Progreso, que sae tódolos martes nas comarcas de A Terra Chá, Meira e As Pontes.

E, ollo, digo un dos mellores porque, en comparación cos outros especiais de zona que publica El Progreso (Ribeira Sacra, A Mariña…), con outros moitos suplementos comarcais doutros xornais (véxase La Voz de Galicia, por exemplo) e m esmo coa prensa local da ‘competencia’ (o mensual Terrachá.xa), ‘A Chaira’ gaña en calidade, proximidade, profundidade informativa e, se cadra o máis importante, en atención a tódolos actores que forman parte da sociedade (políticos, culturais, deportivos…).

Cabe sinalar que desde a delegación de Vilalba de El Progreso, onde actualmente traballan catro xornalistas, tamén se fai información para o diario, que é a que pode consumir calquera persoa que merque o xornal en calquera lugar. Por iso, a información que se prepara exclusivamente para o suplemento comarcal elabórase cunha dedicación e un cariño especial, e o lector pode deleitarse con grandes reportaxes ou con profundas entrevistas a persoeiros da cultura.

Para que todos poidades coñecer este máis que aceptable ‘pequeno xornal’, nas próximas semanas irei amosando paulatinamente diversas pezas xornalísticas que aparezan no mesmo para así, entre todos, poder comentalas e valoralas dun xeito pertinente, crítico e racional.

Domínguez Grandío, Baruk (CL4X)

Posted on 6 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Vale. Non era iso o que queriamos, pero… identifíquese, por favor. Saúdos.
    Martínez Hermida CIC

    • Perdón Marcelo, pero é que me publicou o artigo sen que o puidese rematar. Este é simplemente un artigo de introducción para, a posteriori, comenzar a valorar pezas en concreto. As miñas sentidas desculpas. Un saúdo.
      Baruk

  2. Así é, teño pensado ir a clase a partir de mañá (xa lle enviei o correo notificando a miña presenza) porque durante as primeiras semanas de curso non estiven en Santiago (nin para a súa nin para ningunha outra clase). Se non hai maior problema, mañá verame nas aulas. Un saúdo.

  3. Lara Lozano Aguiar

    Pareceme interesante, máis que nada porque eu son da chaira e grazas a este suplemento parece que a Terra Chá tamén é vida para os medios!

  4. Así é, e comparado cos outros medios que operan na zona, pódese dicir que é o máis libre e o que atende dun mellor xeito ós intereses dos cidadáns, non só ós responsables dos gobernos e das institucións preponderantes. Aínda así, hai conceptos que son dignos de analizar e comentar e sobre os que todos poderedes opinar durante as vindeiras semanas a través de casos reais. Graciñas por comentar.
    Baruk

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: