“Comezamos”

Tras unhas primeiras semanas perfilando o tema e ó quedar axustado aos apuntamentos do profesor,  o noso traballo versará sobre a importancia e influencia da música na vida dos nosos pais, avós e na nosa mesma.

Para poder establecer as posibles semellanzas e diferenzas interxeracionais e así poder definir se houbo grandes mudanzas no gusto musical ou se pola contra hai máis similitudes das que se esperan, decidimos elaborar un cuestionario acerca das preferencias musicais, das cancións que marcaron a súa vida e da asociación de cancións a momentos vitais determinados. Aplicaremos este cuestionario a tódolos entrevistados, deste xeito ó responder ás mesmas preguntas todos será máis doado comparar os gustos de cada xeración dos distintos puntos da xeografía galega.

Iremosvos informando dos resultados en próximos posts. Así que estade atentos.

García González

Grupo titorizado S2A

Posted on 6 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. O lóxico sería participar nun post ise inquérito cos compañeiros a fin de recoller axustes e opinión que o enriquezcan.
    Mariínez Hermida CIC

    • Antía García González

      A nosa idea era que comezasen a participar unha vez extraídas as primeiras conclusións ó aplicar o cuestionario. Pero en calquera caso, estaremos abertos a calquera opinión xa que serven para enfocar máis o traballo e poden sinalar novas vías onde non fixamos a nosa atención nun primeiro momento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: