“ProT: Empeza o traballo de campo”

Este luns empezamos o traballo de campo para o noso ProT. Como na primeira visita que fixemos á gardería nos dixeron que era recomendable que fosemos alí de dúas en dúas, para que a experiencia non fose demasiado brusca para os cativos, este primeiro día decidimos as que ían ir seriamos Andrea Fernández e máis eu.

Deste xeito, e tal como acordaramos con Irene, a directora da gardería, o luns as 17:00h presentamonos alí. Este primeiro día consistiu soamente nunha toma de contacto. O noso cometido era simplemente a observación, para que os nenos se afixeran a nosa presencia. En seguida se fixo patente a personalidade de cada neno. Os máis tímidos a penas se achegaron a nós, pero os máis sociables rapidamente se nos acercaron e nos empezaron a ensinar os seus xoguetes.

O caso que máis nos chamou a atención foi o dun neno chamado Iván. El fai pouco que vén de Suíza e parece que aínda no fixo demasiados amigos. Os nenos cos que máis se relaciona son, segundo nos comentou a profesora, dous nenos que non acoden á gardería tódolos días. Cando eles están, dinos, Iván é un neno coma outro calquera, pero cando non o rapaz vólvese tímido e apenas se interrelaciona.

O próximo día que acudamos á gardería será o mércores, no que se estrearán María Dapía e Carla Díaz. Seguiremos informando sobre esta experiencia en próximos post.

Domínguez Piñeiro, S2B, 2A1


Posted on 6 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Creo que o de ir de dous en dous tamén axuda na interacción cos nenos. Así, estes non se senten tan observados por persoas descoñecidas.

  2. Alba Domínguez Piñeiro

    Iso foi o que nos dixo a directora do centro. Se fosemos as catro xuntas os nenos sentiríanse demasiados cohibidos e non se comportarían de forma normal. De aí que vaiamos por parellas.

  3. Dapía Freitas, S1B

    Espero que a miña visita con Carla á escola mañá sexa tan satisfactoria como a vosa e poida contar algunha peculiaridade como a do neno Iván!

  4. Dende logo creo que é unha gran oportunidade para todo o grupo a de poder ver de primeira man como os máis pequenos comezan a interactuar.
    Espero que o mércores María e máis eu teñamos unha experiencia tan boa coma a que tivestedes vos!

    • Alba Domínguez Piñeiro

      Eu de primeira man xa a tiven con miña irmá, pero é moi distinto tratar cun neno so e tratar con varios.
      Como lle dixen a María, seguro que o pasades ben.

  5. Andrea Fernández

    Lo cierto es que la visita fue muy interesante. Y no sólo empezamos a conocer un poco a cada niño, también pudimos observar la relación que tienen con sus profesoras y con los padres.
    Aunque la mayoría de los padres se limitaron a recoger a sus hijos e irse, la madre de Irene, la más pequeña de todos (8 meses) se quedó un rato hablando con los niños, quiénes se ve que ya habían tenido trato con ella anteriormente.
    Lo que más nos llamó la atención es que los padres nos vieron allí a Alba y a mí y ninguno preguntó quiénes éramos o qué hacíamos allí. No sabemos si se debe a que ya lo sabían o a que no es la primera vez que acuden estudiantes a la guardería para hacer un trabajo.

    • Alba Domínguez Piñeiro

      A min dame a sensación de que pode ser por iso último. Recordo o primeiro día que fomos, cando aínda estabamos buscando un lugar onde facer o ProT, que Irene nos dixo que estaba afeita a que pasasen por alí para facer prácticas estudantes de maxisterio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: