O equipo do Goberno

Quen queira que leve uns cantos anos seguindo o deporte Rei sabe que na Liga española hai dous equipos que, por historia, seareiros, presuposto… se erixen como os 2 grandes equipos do campionato. Lendo até aquí xa sabedes que se trata do Real Madrid CF e do FC Barcelona. Pois ben, o certo é que só a un dos dous se lle foi concedido o título de Real, en tempos do Rei Afonso XIII, incorporando o Madrid a coroa monárquica ao seu escudo.

Santiago Bernabeu, fundador da Copa de Europa (da que dos primeiros anos sospeitosamente non se conserva case documentación), foi o principal valedor do club ao cal neses anos paseou polo cumio da agora tan famosa competición, mais na que por aquel entón tan só participaban equipos amateurs, agás o Madrid.

Outro espiñoso asunto acontecido durante a ditadura de Franco foi o veto ao fichaxe de Di Stéfano polo Barcelona (que xa arrasaba en Liga e tamén ía fichar a Ladislao Kubala). O Goberno de España  creou unha Lei que impedía fichar a futbolistas estranxeiros, Lei que durou pouco tempo, o que tardou o Madrid en facerse co transfer do arxentino que marcaría unha época.

Agora volven poñerse de moda as históricas axudas extra deportivas que recibe o equipo da capital, co cúmulo de despropósitos arbitrais deste ano (no que casualmente o Madrid arrebatará por fin ao Barça o cetro de campión de Liga). O último episodio, a “premeditada” expulsión de Piqué (segundo o propio xogador) por parte do colexiado madrileño Velasco Carballo.

Xulguen vostedes mesmos…

Ferro Falcón                 S2A

Posted on 6 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Miguel Garcia Varela

    Aunque los motivos de mi compañero son perfectamente aceptables, creo sinceramente que tampoco se le puede dar tantas vueltas a este asunto tan “turbio”, en mi opinión, porque puede llegar a hacerse algo más que monótono, cansino. Si el fútbol volviese a recobrar sus tintes de deporte con mayúsculas, competición y rivalidad sana, y se dejase de tanta polémica a veces absurda, creo que sí podría ganarse el calificativo de deporte rey, en mi opinión, ahora mismo deteriorado considerablemente.

  2. Manuel Domínguez Rodríguez

    Es un tema muy escondido a lo largo de los años, el madridismo tiene muchas cosas de las que avergonzarse pero que nunca será capaz de admitir, lo único que podemos hacer ahora es disfrutar con estas últimas décadas en las que otros equipos hemos conseguido dar alegrias y vencer a este club fundado y ayudado en multitud de veces con mentiras y trampas por personajes que no quiero nombrar

  3. Ferro Falcón, Roi

    Todo isto ven ao caso xa que hoxe cumpre 110 anos o club branco. O que está claro, é que lonxe de tanto falar da súa historia, teñen moito que calar.
    Agora é o Comité de Árbitros o que denuncia a Piqué polas súas verbas, agarimosas se as comparamos coas que adoitamos escoitarlle ao polémico adestrador do Real Madrid.

  4. Dapía Freitas, S1B

    “Agora volven poñerse de moda as históricas axudas extra deportivas que recibe o equipo da capital”
    Cando as axudas se lle dan a outros equipos (véxase FC Barcelona) non nos molesta tanto, a que non, señor Ferro Falcón?

  5. Ferro Falcón S2A

    Historicamente falando, como xa escribín no post, o equipo que mellor idilio tivo sempre cos árbitros foi o Real Madrid. Iso sábeo calquera, bo exemplo é a típica canción “Así, así, así gana el Madrid”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: