Descubrimos radio máis interactiva: a radio altoparlante.

O venres, 2 de marzo, na clase expositiva de Comunicación Interpersoal e Comunitaria, descubrín algo que dá a impresión de ser tan sinxelo que non entendo como é queninguén, ou case ninguén, tivese a iniciativa de levar a cabo algo similar ao noso redor. Refírome á “Radio Altoparlante”. O texto a través do cal descubrín este concepto, para min novidoso, versaba sobre “Minga por la Pachamama”, un proxecto de radio altoparlante ecuatoriano.

Chamoume a atención como as persoas que levaban a cabo aquel proxecto aprendían da experiencia cada día, grazas a que a radio altoparlante está no medio da audiencia e non nuns estudios no alto dunha torre como é o caso da maioría das radios convencionais. De feito, pódese dicir que este tipo de radio é a máis interactiva da historia. Aquí non hai que chamar por teléfono, nin enviar SMS a ningún número para facer chegar as inquedanzas de cadaquén ao programa.

Vendo aquela iniciativa, veume á mente a miña infancia, cando xogaba cos meus amigos a facer programas de radio, cun garabullo como micrófono. Non emitiamos en FM nin en AM, pero tiñamos audiencia: os nosos pais, veciños e outros rapaces que non se atrevían a facer o parvo coma nós. Por outra banda, estamos nunha facultade de comunicación e a nosa experiencia radiofónica redúcese a unhas prácticas moi limitadas. Isto fíxome reflexionar: por que non facer unha radio altoparlante na facultade?

España Faqué, S2F, 2A4

Posted on 7 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. 16 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Moi boa a iniciativa Toni. Gustoume a reflexión do final do teu post onde recordas como de pequenos xogabades a facer programas de radio. Agora, aquí estás nunha facultade de xornalismo facendo o que de pequeno considerabas un xogo. Quizais todo se leva na pel.

  2. Si. E non só se leva na pel. Eu aínda diría que, neste caso concreto, no meu, lévoo máis a dentro da pel: nese órgano que nos permite rir, chorar, emocionarnos, enfadarnos, correr, saltar, durmir, soñar, comer, beber, chupar, lamber e todo o que poidamos imaxinar, incluído esto último (imaxinar), mentres siga facendo “boom boom”. A iniciativa, si, pode ser interesante pero o asunto é canta xente estaría disposta a levala a cabo.

  3. hortensia gesteira estévez

    Que reflexivo o teu comentario, Toni! en canto a canta xente levaría a cabo este proxecto ao mellor é máis da que imaxinas 🙂

  4. Lara Lozano Aguiar

    Moi boa reflexión/idea! E se segue en diante, eu apúntome eh! E parece que naciche co micro baixo o brazo porque iso de imaxinar un micro cando en realidade era un garabullo!

  5. Tensy, se hai máis xente que se anime a verdade é que sería fantástico. Lara, se nacera co micro debaixo do brazo non tería que andar con garabullos pero si, tés razón na idea que intúo que queres transmitir: que me leva idea a radio desde cativo.

  6. hortensia gesteira estévez

    iso mesmo querería dicir Lara:)

  7. Toni eu tamén xogaba de neno a ser locutor de radio, pero eu facía micrófonos con plastilina no xardín de infancia !!! se xorde o da radio altoparlante na facultade espero contes comigo ! Un saúdo.

  8. Eu coma ti e supoño que coma a maioría tamén facía “prácticas” de radio de pequeno, e grababa un pequeno programa nun radiocasette que tiña con gravadora no que comentaba o mellor da semana do capítulo de Mareas Vivas.
    Por outra banda, temos a oportunidade si queremos de facer un programa para Radio Obradoiro. Na Liga está esa proposta e propúxose facer aos alumnos o ano pasado. Non sería mala idea retomar o proxecto.

  9. David, tomo nota.
    Sorprendeume moi gratamente a boa acollida da miña “reflexión”.

  10. ALberto, eu houbo unha época na que tamén gravaba “programas nun radio cassette que tiñan unhas veciñas cun micrófono. Despois, como a miña cabeza non tiña parada, empecei a manipular as cintas cortando nelas cunha tesoura e pegando os anacos en distinta orde con cinta adhesiva… pero iso xa é outra historia.
    O do programa en Radio Obradoiro tamén estaría ben recuperalo. Eu o ano pasado non tiña tempo a nada e por iso non me apuntei. Ben, a verdade é que tampouco teño moito este ano pero é que agora xa non sei vivir sen estrés.

  11. Se hai un grupo disposto eu o apoiarei. Non sei se na facultade, pero si nas feiras rurais que hai por toda Galiza. Seguro que moitos colectivos, sindicatos,… do rural galego estarían con esta radio. E hai máis exemplos de practicas mediais que, si queren, podo comentarlles a aqueles que lles interesen. É unha boa maneira de non estar laiando todo o tempo que será de nós. Vivamos coma galegos¡
    Ánimo¡
    Martínez Hermida CIC

  12. A verdade é que podería der un proxecto bonito. o asunto que haxa xente dabondo disposta a levar a cabo o proxecto.

  13. Pois, quen sabe? Pode ser o inicio de algo interesante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: