E ti, es quen de pasar un control aeroportuario?

Maleta en man, dispúxenme  a sortear a media ducia de seguratas que flanqueaban o detector de metais. Despois das últimas veces en que me vin obrigada a perder cartos en colonias, cremas e mesmo  alimentos –porque si, a Nutella está considerada coma a segunda arma de destrución masiva en Europa, despois do cortaúnllas, claro- isto xa se convertera nunha cuestión de orgullo: ou eles ou eu.

Pero era demasiado previsible. Non só se cumpriu o que xa esperaba: depositar abrigo, móbil, bolso, maleta e un longo etcétera de ridículos artigos que eles consideran de máximo risco; senón, que tamén foi o momento de descalzarse. Sinceramente, nese momento sentín rabia. Non polo feito de descalzarme. Ó revés, pertenzo a aquel grupo de xente que pensa que, se nacemos descalzos, por algo será. A rabia naceu máis ben pola forma de “pedirme amablemente” que entregase as botas. Esta lamentable estampa de ter que ver a señores, pais e nenos desta guisa fíxome sentir que estabamos retrocedendo anos e anos.  Que preto me sentín entón dos animais!

E ben, por fin consigo pasar o control, non sen antes botar unha ollada atrás. Unha ollada que me fixo pensar en que, quizais, este non é o camiño correcto. Sen excepción, tanto un grupo de empresarios orientais á miña dereita coma uns mochileiros italianos á miña esquerda atopábanse na mesma situación: desprovistos dos seus zapatos e da súa dignidade, intentando facer ver que debaixo daqueles cintos que espertaban a furia do detector non se agochaban os problemas contra os que a seguridade nacional pretende loitar.

Fernández Fernández, S2B

Posted on 7 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Yanire Díaz Villaverde

    Emma, que forma máis bonita e sutil de contar o que, polo visto, a todos nos pasou algunha vez. No meu caso, para viaxar a Irlanda fixéronme descalzarme e incluso quitar os calcetíns pero a diferencia túa, só o fixeron comigo. Mandáronme quitar o cinto, os zapatos, os calcetíns e sacar o ordenador portátil da súa funda para case case mandarme acendelo e rexistrar os meus documentos. Coas bromas estiven alí preto de 30 minutos quitando todo o que logo tiven que volver a poñer cando se deron conta que non agochaba nada do que buscaban e me pediron “disculpas”. Supoño que as miñas constantes olleiras lles resultaban sospeitosas de ocultar algunhas bolsas de estupefacientes.
    Tanta foi a miña indignación que estiven durante un tempo sen viaxar en avión pero, desafortunadamente, é algo indispensable para quen lle gusta coñecer mundo.
    En fin, que para a próxima viaxe calzaremos francesitas e intentaremos non levar cinto… xa sabes, por iso de non facerlles traballar de máis ós pobres seguratas.

    • Emma Fernández Fernández

      Tes toda a razón, sometidos á “ditadura” das aerolineas a ver quen se atreve a plantarlles cara. Sobre todo para os que como ti e eu, nos encanta viaxar, o avión convértese neste caso O medio de transporte. Pero, realmente é necesario pasar todos estes controis? Non é excesivo? Porque vale, podemos enumerar moitísimas vantaxes de viaxar en avión, pero, por exemplo, no caso dos voos nacionais, afórrase tanto tempo? Penso que entre chegar ó aeroporto, facer as pertinentes colas de facturación, controis e embarque e posterior desprazamento, case prefiro o AVE!

  2. Cristina Knight Asorey

    Bravo. No puedo sentirme más identificada con lo que has escrito. Las colas en las zonas de seguridad me irritan hasta un punto extremo. Por eso mismo ya comentaba en mi carta al director de xéneros que hasta propondría crear una cola para gente que no le importaría ir desnuda, ya puestos ahorraríamos un montón de trabajo. Pienso que viajar así se ha convertido en la degradación del ser humano.

    • Emma Fernández Fernández

      Boa proposta a túa! Aínda que dalles tempo e verás… A próxima será facernos pasar por unha cola de raios X, igualiño que as maletas. De verdade que é algo excesivo, porque pensándoo ben, nin en tren nin en autobús existen medios de seguridade que se lle pareza e non por iso se pensa que os trens vaian cheos de terroristas! O que nos queda…

  3. Muy interesante y muy descriptivo, pero los sistemas de seguridad en los aeropuertos son algo necesario. No podemos hacer una comparación con otros medios de transporte como el atobús o el tren, puesto que el riesgo que implica ir en avión es mucho mayor. Me parece exagerar decir que conlleva una pérdida de dignidad, puesto que la guardia civil, que es la encargada de llevar a cabo los registros, puede pedirnos que nos quitemos los zapatos en medio de la calle! a mi parecer el avión es el método de transporte más funcional y es necesario velar porque lo siga siendo, y al que se sienta denigrado por quitarse los zapatos, una pulsera, o un cinturón siempre le quedará el coche…

  4. Claro que son algo necesario, pero eu penso que o mesmo perigo se corre nun tren. Cal é a diferenza? Con que a alguén lle dea por intentar atentar contra un ave Madrid-Barcelona, por poñer un exemplo, estaríamos ante unha situación moi similar. Ou cantas pelis non vimos de autobuses tomados por terroristas que queren alunizar contra un edificio clave e temas polo estilo? Conseguir un 100% de seguridade é un imposible, hai que tomar medidas, por suposto, pero parécenme excesivas nuns casos e inexistentes noutras. Hai aínda moitas lagoas que cubrir.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: