Polémica sen contido

Estas son as arriscadas imaxes que a ADMD (Asociación para el Derecho a Morir Dignamente) emprega na súa última campaña: Bayrou, Sarkozy e Le Pen en fase terminal.  O obxectivo da Asociación é facer que estes tres candidatos ao Elíseo reconsideren a súa opinión contraria á legalización da eutanasia: “Señor candidato, temos que poñelo nesta postura para facer que cambie a súa sobre a eutanasia?”.

E a isto queda reducido o conto: hai unha controvertida campaña na que tres políticos franceses aparecen no seu leito de morte e axiña farán as súas declaracións en calidade de “afectados”. Creo que de pouco ou nada importa xa o feito de que esta publicidade reclame algo tan delicado como é a morte sen sufrimento para as persoas afectadas por enfermidades incurables.

En casos coma este pregúntome que compensa máis cando pretendes transmitir unha mensaxe tan transcendental: que todo o mundo a comprenda (estea a favor ou en contra) ou que todo o mundo a coñeza aínda que non saiba ben de que vai?…

Pérez Capelo, S2E

Posted on 7 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Últimamente, prefírese (ou por lo menos conséguese) captar a atención da sociedade que concienciar sobre un determinado aspecto, por moi triste que sexa.

  2. Lara Lozano Aguiar

    O que buscan é chamar a atención, ou iso é o que nos están transmitindo a través das súas conductas. E bo pararse a pensar e intentar facer algo se é que se poidera! Bo post!

  3. María Pérez Capelo

    Coincido con ambas: chamar a atención, esa é a clave… pero non vexo tan malo iso, a veces necesitamos algo impactante para facerlle algo máis de caso á realidade. O problema é que a atención “desvíase” do camiño previamente fixado…
    Hai anos pasara algo semellante cunha campaña protagonizada por Isabelle Caro, unha modelo que sofre anorexia. Por aquel entón ninguén se preocupara polos trastornos alimenticios, a campaña disque non respectaba a dignidade do ser humano e foi prohibida en Italia. E agora ninguén reflexionará sobre a eutanasia senón que se abrirán novos debates sobre a liberdade de expresión, os dereitos de imaxe, etc.
    É certo, hai que facer algo xa para concienciarnos e non ir dando un paso adiante, e outro atrás.
    Grazas polos vosos comentarios 🙂

    • Lara Lozano Aguiar

      O positivo está nun grao medio. Está ben chamar a atención pero tamén hai que mirar como. Por outro lado, se non chamas a atención ninguén se dá conta dos problemas que ten a sociedade!

  4. María Pérez Capelo

    O peixe que se morde a cola… é triste, pero é así

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: