ProT: AGARESO, Comunicación e desenvolvemento
Día 1 con AGARESO. Apenas dous ou tres minutos pasaban das catro da tarde cando a aula 0 da nosa facultade se remataba por encher. Por diante tiñamos catro horas de Seminario. Cada membro nos seus postos, Toni á cámara de vídeo, Alba á fotografía e un servidor anotaba o desenvolvemento da clase.
A exposición comezou cun vídeo no que se mostraba un “efecto mariposa” realizado cunha moeda que exemplificaba onde van dirixidos os fondos que administra unha ONGD (Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento). Ó rematar, Paco, o “profe”, ía introducindo o tema comezando por definir cooperación e desenvolvemento, e unha vez aclaradas proseguiu cunha cronoloxía da orixe das organizacións para o desenvolvemento e a cooperación e das ONG’s , que se orixinaron a mediados do século XIX nun principio ligadas a movementos relixiosos e cristianos, pero que co paso do tempo se foron independizando.
Proseguimos con comparativas, para ver en que estado se atopaba a inversión en proxectos de desenvolvemento e comprobamos que moi poucos países e autonomías chegaban ó 0’7% . A raíz dese tema falouse de que as ONG’s polo xeral non saben comunicar ou que o fan mal, e de aí o medo a colaborar xa que se pensa que non se xestionan ben os fondos dos que dispoñen.
Na 2ª parte continuamos con metodoloxía e logo explicáronse os obxectivos dun proxecto de colaboración. O día rematou cun documental sobre Palestina.
Leiro Magdalena, S2B, 2A4
Posted on 7 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged Agareso, Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. 5 Comentarios.
O do documental sobre Palestina tivo que ser moi interesante. Non o teredes vós, sabedes onde se pode ver? A verdade é que vos admiro por botar todo o tempo de seminario realizando unha labor non moi doada: atender! Espero que vos saia ben e que nos mostredes como funciona AGARESO.
o documental pódelo ver na páxina web de AGARESO
http://www.agareso.org tamén teñen emisora de radio vía internet !
descoida Lara que o faremos ! gracias por interesarte por AGARESO, creo que a experiencia vai ser moi positiva por ambas partes.
Sen dúbida, aínda que xa o dixen a semana pasada, esta paréceme unha das experiencias que máis vos (nos) vai enriquecer. Estaría ben que algún día, e xa máis avanzado o curso, nos désedes algunhas claves ou propostas de mellora para esa comuncicación que as ONGs están a desenvolver dun xeito non moi satisfactorio. Moitísimo ánimo e seguídenos informando 🙂
. O voso post é unha forma moi boa de dar a coñecer as actividades, tan importantes para a profesión xornalística, desta organización 🙂 ¡Estarei ollo avizor!