“ProT: Unha rolda de prensa diferente”

Despois da titoría o enfoque do noso traballo con COGAMI deu un xiro de 360 graos. Chegamos o martes á sede da asociación e puxémonos a revisar aquelas notas de prensa mandadas nos días anteriores e que foran publicadas no xornal. Isto faise a través da contratación dun servizo que xa envía as novas seleccionadas, nós (axudando ao responsable deste traballo) encargámonos de ver cales das asociacións, que conforman COGAMI aparecía en cada nova e identificala para que o resto dos traballadores tiveran un acceso máis rápido á información. Mentres nós realizabamos este traballo, que se debe facer día a día, Cristina Pet e María Acuña ultimaban os detalles da rolda de prensa. Cando rematamos, saímos cara o lugar reservado para o acto. Ó chegar alí todo estaba en orde, polo que a preparación non foi moi custosa: movemos unhas cantas cadeiras, colocamos os carteis identificadores, os micrófonos. Ó pouco tempo comezaron a chegar os medios de comunicación e tamén as persoas que ían intervir na rolda de prensa sobre a prevención da violencia xénero mulleres con discapacidade.       

O que máis nos chamou a atención foi algo no que nunca pararamos a reflexionar: todos sabemos que as mulleres con discapacidade teñen máis posibilidades de sufrir maltrato pero nunca nos paramos a pensar en aquelas que viven a situación inversa, que o maltrato é a raíz da súa discapacidade.

Foi unha gran experiencia, na que nos achegamos máis á realidade do comunicador.

 

Pedrouso Areán, Ángela

S2E, texto do grupo de ProT (Mosteiro Reboredo, Paz Fraga, Pedrouso Areán)

Posted on 7 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Paréceme moi interesante o que fixestes, principalmente pola rolda de prensa. Podemos aprender coas asociacións a labor do xornalista.

  2. Lara Lozano Aguiar

    Parece que a labor do xornalista non está na USC. Hai que saír a fóra e ver que hai. Seguro que a sensación que tivestes vós ao participar na rolda de prensa non a tivemos ningún dos estudantes de xornalismo da nosa promoción. E triste dicir que en dous anos de carreira aínda non temos nin idea do que nos espara tras rematar o noso grao. Parabéns e desfrutadeo todo o que poidades!

  3. Pois é ben certo que sí que é algo completamente diferente ó que aprendemos na clase.Esta experiencia pareceume moi útil sobre todo porque dixéronos pequenos detalles dos que un normalmente non se da de conta, como por exemplo onde é mellor facer un oco para colocar ós cámaras ou cal é a posición na que se deben sentar na mesa os distintos intervintes na rolda de prensa segundo a importancia e o tipo de relacion que teñen co tema a tratar.

  4. Beatriz Yáñez Castro

    Alégrome de que vivírades unha boa experiencia. Creo que na vosa asociación se poden aprender cousas moi diversas como o que nos comentas sobre que o maltrato pode ser a raíz dunha discapacidade, feitos que pasan desapercibidos na nosa vida cotiá. Ánimo rapazas!

  5. Mª Cristina Mosteiro Reboredo

    pois si con esta entidade estamos a aprender moito non só sobre as ferramentas de comunicación da mesma, senón tamén dos usuarios da mesma. graciñas polo teu comentario!

  1. Pingback: “ProT: Memorias do aprendido” | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: