Puramente comunicar

Vexo que o filme The Artist levou á reflexión a varios dos meus compañeiros. Pois ben, a min tamén.

O cine mudo amóldase a un xeito de comunicar diferente. Sen son, todo debe adaptarse á nova realidade. Pero non por iso a mensaxe chega peor ó público. Para nada. A maioría das cousas enténdense sen necesidade de explicación. Só se nos transcriben aquelas frases que son clave, que non se poden tirar polo contexto. Pero o demais, a palla, queda moito mellor se unha a intúe que se lla teñen que explicar. Sobra.

Eu penso que os comunicadores non distinguimos ben entre o que é palla e o que non. Confundimos comunicar con divagar. A min encántame divagar, e hai textos xornalísticos cheos de literatua, que se se quedasen na sobriedade de expoñer ideas forza perderían toda a calidade. Pero isto non debe confundirnos. Cando o que queremos é comunicar, puramente comunicar, toda esa palla sobra. Sobran todos eses sinónimos, esas redundancias, eses dicir o mesmo varias veces pero con palabras diferentes. Penso que hai unha necesidade de distinguir entre comunicar e entreter. Ou entre comunicar e aburrir. Ultimamente hai moitas cousas que deberían comunicarme, persuadirme, e non o fan: discursos políticos, propaganda, cadráticos de universidade… e tamén medios de comunicación. Isto é o que me preocupa, e que non sei se expresei moi ben aquí -será que eu tamén peco do mesmo. En calquera caso, a ver se serve para espertar diferentes opinións.

 

Liñares García, GBCP                                                 

Posted on 7 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Na liña do que ti dis iban as clases do ano pasado de Redacción de Luis Villamor, onde se nos ensinaba a “encher”. A idea era escribir unha noticia e despois ocupar o espazo que nos daban, enchendo, divagando, dándolle voltas ás cousas e repetindo ideas con sinónimos.

  2. Olalla Liñares

    Si, bueno, pero nese caso era por esixencias físicas, de maquetación e tal. Pero outras veces, independentemente do espazo e o tempo, ímonos polas ramas. Igual se nos limitasen máis estes aspectos á hora de comunicar aprenderiamos, pouco a pouco, a ir ó gran. Twitter está dando unha lección neste senso, aínda que teña as súas debilidades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: