Daily Archives: 8 Marzo, 2012
A Miña Comunidade
O concepto comunidade ou comunitario teñen a mesma raíz común que significa aquelo no que se participa xuntos. Segúndo Tönnies, a comunidade asóciase así á vida en común, ás crenzas comúns, ás ligames grupais e as súas frecuentes interaccións, nun pequeño grupo de persoas coñecidas entre sí. Non obstante, os meus veciños a pesar de formar parte dunha comunidade, non soen poñerse de acordo á hora de tomar decisións.
A comunidade de veciños en sí non ten outro obxectivo que o de administar as partes comúns da propiedade compartidas entre varias vivendas. De ahí a necesidade de regular unhas normas de vecindade, acordos, funcionamento…
Hoxe en día a sociedade de benestar está instalada en tódolos fogares e implica (nalgúns casos) a administración de ascensores, escadas, área de xogos, piscinas, xardíns que son fonte e orixe de problemas entre a comunidade.
Nunha das reunión mensuais que se fan no meu edificio, trataron o tema da roupa colgada nas fiestras. O caso é, a xente que ten o piso cuxas fiestras dan a un patio exterior poden colgar a roupa pero a xente que lles da cara a rúa non porque da mala imaxe. Nesta reunión as persoas que non poden colgala decidiron por maioría absoluta que ninguén a debía colgar pero a pregunta é ¿Por qué toman esta decisión si a roupa no caso dos pisos que dan ó patio exterior non é vista máis que polos mesmos veciños e polo tanto non da mala imaxe?
Seijas Rodriguez, Astrid
S3C