Malentendidos

É común que no seu desempeño diario os seres humano fagan xestos e dean sinais non verbais interpretables por outras persoas como acenos, movementos de brazos, mans e dedos, etc. A comunicación corporal, evolutivamente anterior á linguaxe verbal estruturada, é unha parte esencial do sistema de comunicación.

Eu persoalmente nunca me parara a pensar en como afecta este tipo de comunicación á hora de integrarnos na sociedade ata que me vin envolta nunha situación peculiar. Estando sentada nunha cafetería un día normal tomando algo, unhas rapazas sentáronse na mesa do lado e, sen sequera decatarme ( máis ben foi un acto reflexo) mirei cara elas. Estas debéronse ofender, aínda non sei moi ben porque, xa que tras isto non pararon de mirar ofendidas cara a mesas onde estabamos sentadas .

Isto é o que os expertos chaman falta de  metacomunicación, comunmente chamado malentendido. Se te paras a reflexionar sobre o tema, o feito de quedarnos con ideas que tal vez non son o que a outra persoa (emisor) quixo transmitir tan so nos leva ao desconcerto e ao enfado. Mais ala da comunicación verbal, os xestos nas persoas son tan naturais e están tan arraigados que executámolos sen pensar e, na maioría dos casos non somos conscientes deles.

É por iso que, a próxima vez que pensemos que alguén nos esta a mirar mal, a rirse de nos etc, reflexionemos se realmente é iso o que esta a pasar ou se se trata dun malentendido.

Díaz Leal, S1D; 2A1

Posted on 10 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Leticia Río Dovao

    Estoy de acuerdo con tu opinión. En muchos casos malinterpretamos a los que están a nuestro alrededor y se crea un conflicto que muchas veces podría evitarse al mediar un par de palabras.

  2. As palabras poden aportar información que a linguaxe corporal non proporciona. Sen embargo, o noso maior fallo é que non nos paramos a falar e por iso se crean os conflictos.
    Gracias polo teu comentario!

  3. Dapía Freitas, S1B, 2A2

    Gústame a túa reseña desta semana, e é por unha razón. Como ti comentabas no teu post, o que nos pasou o outro día na cafetería é un exemplo de malentendido. Non sei que lle puido pasar a esas persoas, o que si sei é que por mor da comunicación non verbal xurdiu ese pequeno problema que aínda hoxe non entendo. En fin, pequenos malentendidos do día a día. Moi bo post.

    • Gracias. Alegrome que che gustara.
      Si a verdade foi unha situación un tanto rara e tensa que ningunha entendemos pero polo menos é unha experiencia máis que contar.

  4. Lara Lozano Aguiar

    As persoas somos así. Cando alguén pasa ao noso lado miramos para él pero eu penso que miras porque pasa e porque dalgún xeito modifica os teus actos, pero de aí a faltar o respecto aos demais…Debemos comunicarnos para evitar malentendidos, deste xeito moitas riñas evitaríanse. Bo post!

    • Gracias Lara. Eu creo que a maioria das riñas veñen precisamente por iso, por non entender o que os demais nos queren transmitir realmente. Isto é algo co que deberíamos ter coidado á hora de relacionarnos.

  5. hortensia gesteira estévez

    Creo que isto está en consonancia co libro que me recomendaches, Carla, titulado “El arte de amargarse la vida” , non?

    • Sí, moi boa apreciación. Ese libro fala precisamente de como nos amargamos pensando sempre nas cousas malas en vez de intentar buscar os cousas positivas dos actos que os demáis teñen hacía nos. Un libro moi recomendable sen dúbida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: