Marketing sexista na noite compostelana

Xa todos coñecíamos as técnicas para atraer clientes e conseguir maiores beneficios que levan a cabo certos locais de festa da capital galega, onde se cobra a entrada só aos homes mentres que as mulleres entran gratis.

A moitos estas formas de atraer clientela parécenlle sexistas e pouco éticas, pero agora están evolucionando.

En certo local da zona vella de Santiago, pódese comprobar como, xuntando a cinco persoas de sexo femenino a estas regálanlle unha botella dalgunha bebida alcólica.

Curiosa iniciativa, bastante criticable tamén.

Que se pretende con esta estratexia de marketing? Emborrachar ás mulleres para que estas consuman máis? Emborrachalas para que caigan máis facilmente nas gaiolas dos homes? ou simplemente incitalas a mercar e gastar nun refresco que vale 2,50 o botellín?

Rivera Rey, 3GB, GOBE

Posted on 10 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Leticia Río Dovao

    Sea por lo que sea, la estrategia de marketing funciona. Todos preferimos pagar 2.5euros mejor que 5, y si en este caso nos beneficiamos las mujeres, mejor para nosotras.
    Desde mi punto de vista, estas iniciativas se llevan a cabo para atraer a las mujeres al local y ya ellas mismas se encargan de atraer a los hombres. Si fuera al contrario, si fuera a los hombres a los que se dirigieran estas estrategias, no tendrían los mismos resultados.

  2. Lara Salgado Santos

    Estou dacordo contigo Alberto. É unha estratexia moi machista, e que pretende aproveitar a atracción das mulleres para os homes. É sexista, certo, pero nós somos tamén culpables de que a situación non cambie, xa que preferimos seguir así e que as cousas nos saian máis baratas. Se de súpeto, logo de moito tempo, nos empezasen a cobrar, seguramente nos poriamos como tolas e deixariamos de acudir a certos locais.

  3. Alba Domínguez Piñeiro

    Esta clase de estratexias son absolutamente machistas. Eu non entendo como hai mulleres que prefiren ser utilizadas coma obxectos antes que pagar a entrada. Para min isto o único que fai é profundizar máis na idea de que as mulleres somos obxectos sexuais, e que neste caso nos utilizan para atraer máis clientela. Se as mulleres entran gratis acudirán ó local, e se hai máis mulleres van querer ir aínda máis homes para “meterlles ficha”. Outro dato máis, o das entradas gratis ás mulleres, que profundiza no denigrante desta sociedade. A ninguén se lle ocurriu facer o contrario? Que pasa, que non tería o mesmo éxito? Eu penso que o mellor si o tería, o que pasa e que realmente a quen beneficia esta táctica de deixar entrar ás mulleres gratis non é ás mulleres, senón ós homes, aínda que hai xente que iso non consegue velo. Ó revés beneficiaríase ás mulleres, e iso nesta sociedade aínda tremendamente machista parece que non ten cabida.
    Un post moi interesante, Alberto.

  4. Yanire Díaz Villaverde

    Hai locais nos que o ano pasado non cobraban entrada ás rapazas e que agora si que o fan. Fai 12 meses parecíame unha “técnica” machista e hoxe séguemo parecendo. Pero o que non iba facer era pedirlles que, por favor, me cobraran… Hoxe, pago coma vos, e non teño ningún problema.
    Está claro que á maioría non nos pareza ben, pero o que non pagabamos de entrada pagabámolo dentro, e os homes con esa entrada tamén tedes unha copa.
    Ó final, pagamos o mesmo. E non me veñas coa lenda de que as mulleres bebemos menos.

  5. @Leticia que che paracería a ti que che cobrasen nun local onde os homes entran gratis?
    Pola mesma nos podemos sentir discriminados no precio dos seguros (as mulleres pagan menos) e noutras moitas cousas, para cada un dos lados, tanto dos homes coma as mulleres.
    E Yanire, equivócaste nunha cousa, eu se entro nun local sen pagar, non sempre tomo unha copa, ou non tomo nada ou quizais tomo unha garimba. E desa forma obríganme a tomala xa que está pagada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: