“ProT: ¡Seguimos aprendendo dos nenos!”

Que estraña sensación cando entramos Carla e eu pola porta da Escola Infantil Snoopy a realizar o primeiro contacto cos nenos o pasado mércores. Cando nos viron quedaron un pouco en estado de “shock” e pareceu que non se lles pasaría en toda a tarde. Nada máis lonxe da realidade. Pasados cinco minutos era coma se nos coñeceramos de toda a vida, algo que nos gustou a Carla e mais a min. Durante dúas horas compartimos os seus xogos, as súas risas e tamén os choros dos máis pequerrechos. Foi unha boa experiencia, e quedei con ganas de máis. E teño que dicilo. Alba e Andrea dixéronnos que Iván, un neno ruso que adoita ir a gardería, era un pouco esquivo. Sorprendeume que o primeiro día que fun a aquela escola, ese mesmo neno me dera unha aperta como se me coñecese de toda a vida. Alba e Andrea, non daban crédito! Tamén debo comentar que Miguel Suárez, compañeiro noso, estivo con nós supervisando o traballo que estabamos realizando. O segundo día que eu fun, venres, todo foi diferente. Sorprendentemente os nenos recordábanme e todo foi máis sinxelo. Solicitámoslle, nesta ocasión Alba e mais eu, un plan de actividades á directora da escola, Irene, que nos poidan axudar a levar con máis facilidade os encontros cos cativos. Por último, debo comentar que cada unha dos membros do ProT lerá un manual de alfabetización nesta semana que nos facilite o trato cos nenos.

Dapía Freitas, S1B, 2A1

Posted on 10 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Alba Domínguez Piñeiro

    Con Andrea e mais comigo estiveron máis comedidos, supoño que porque eramos as primeiras que iamos. O venres cando fun contigo enseguida apreciei o cambio; notábase que xa se familiarizaran coa idea de que estariamos alí algúns días. No caso de Iván, dicir que cando fomos o primeiro día, ademais de non estar habituado a nós, o rapaz faltábanlle os seus amigos. Xa nos dixera Laura, a profesora, que normalmente estaba máis animado, pero que lle faltaban os “camaradas”. O venres cando o vin con eles xa me dei conta de que efectivamente era así e que cos seus colegas a cousa cambiaba. Ó ser o venres o segundo día que eu ía, e o ser eu tamén, xunto con Andrea, a primeira en ir, puiden apreciar algo que ti non, que foi o cambio que se produciu nos nenos do primeiro día, que non estaban habituados, ó segundo, cando xa colleran confianza.

  2. Dapía Freitas, S1B, 2A2

    Pode ser, pero eu tamén tiven un primeiro día e tamei notei un cambio con respecto ao segundo. Os nenos o primeiro día que eu fun tamén estaban estraños ao principio. A pesar de que o luns xa forades vós, foi realmente como outro primeiro día, posto que non acudimos as mesmas persoas. Foi, por exemplo, o sorriso da nena Miriam o que máis me gustou deste venres con respecto ao mércores, no cal se mantiña seria e recatada.

  3. Andrea Fernández

    Es sorprendente la facilidad que tienen los niños para adaptarse a los cambios y a la gente nueva. Salvo algunas excepciones, la mayoría de los pequeños enseguida cogen confianza con la gente nueva.
    Tengo muchas ganas de volver a la guardería y ver cómo reaccionan los niños ante mi segunda visita. Seguro que cómo decís, ya se muestran mucho más abiertos conmigo.
    Y a ver si la semana próxima podemos empezar a realizar alguna actividad con ellos.

  4. Sen dúbida foi unha gran experiencia! a min o que mais me sorprendeu foi que tras o “shock” do primeiro momento, os nenos foron moi bos e cariñosos connosco e fixeron que nos sentíramos tan cómodas que o tempo pasou moi rápido e tamén o cariñosos que eran entre eles, como xogaban, compartian etc.
    A verdade é que quedei con ganas de volver e espero que este luns sexa igual de bo ou mellor !

    • Dapía Freitas, S1B, 2A2

      Por suposto que o será, aínda que será diferente, xa que non será un lugar de recreo senón unha clase de infantil á que visitaremos mentres lle dan clase aos nenos. A ver que tal vai.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: