Twitter, whatsapp e demais familia

O outro día saín de festa con unhas amigas. Estando nun pub e logo dalgúns bailes, dirixinme á barra para pedir algo de beber e alí atopeime cunha coñecida á que facía tempo que non vía. Logo de saudarnos sacamos unha foto e a súa primeira reacción foi preguntarme como era o meu twitter, pois ía subila naquel momento e quería “mencionarme”. Non é que me sentase mal a súa reacción mais teño que recoñecer que me sorprendeu. Estabamos de festa e o que menos me esperaba era que se puxese a “twittear” nese momento no canto de disfrutar coas súas amigas e pasar un rato divertido. Quizais sexa culpa miña por ser demasiado tradicional, pois teño que recoñecer que, aínda que emprego estas redes sociais, a miña vida non xira en torno a elas.

En canto a isto tamén dicir que considero que estas redes no canto de axudarnos a coñecer xente e mellorar as comunicacións fan todo o contrario, creo que axudan máis a desfacer amizades e fomentar malosentedidos, pois a través das palabras escritas non podemos saber cal é a entoación que se lle dá o que estamos dicindo. Ademais xa non nos esforzamos por quedar para tomar un café e falar cos nosos amigos, pois a través do whatsapp podemos comunicarnos en calquera momento e preguntar o que nos interese.

Como digo non estou en contra delas, mais hei de recoñecer que prefiro pasarme unha tarde cos meus amigos aínda que non fagamos máis que estar sentados nunha terraza antes que catro horas sentada diante dun ordenador. Coido que este corto xa pasou polo blog pero é a mellor forma de ilustrar este post.

http://www.youtube.com/watch?v=fJxOe0ep_BU&feature=g-vrec&context=G2bdfdd9RVAAAAAAAAAQ

Quiñoy Montero,  S3B,3B2

Posted on 11 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. ¡Justo acabo de publicar un post sobre el mismo tema! Como tú, en este aspecto, también me considero “tradicional”. Por supuesto las nuevas tecnologías de comunicación nos aportan ventajas y facilidades, ¡y quien voy a ser yo para criticarlas cuando las uso asiduamente! Sin embargo creo firmemente en que, aunque útiles, estas tecnologías deben reservarse para utilizar en el momento adecuado, y yo no cambiaría por nada del mundo una charla con unos amigos por twittear “de charla con unos amigos”; seguro que en ese momento me pierdo algo. Para las relaciones sociales, los mejores programas siguen siendo los cafés y las cañas :).

    • seminariocomunicacion3

      Comparto totalmente tu opinión Miguel. Además reafirmo la idea de que sería muy hipócrita si me limitase a criticarlas sin más cuando las uso todos los días, varias veces y forman parte de mi vida. Aún así hay cosas que las nuevas tecnologías nunca van a conseguir, a mi la satisfacción de tomar algo con mis amigos no me la va a solucionar un tweet (no sé si es la forma correcta de escribirlo). Por supuesto, son muy útiles pero sigo sosteniendo que separan más de lo que unen.

  2. É un tema moi recorrente e o mesmo tempo moi interesante o das comunicacións na rede. Xa vin varios post sobre isto e eu sigo decindo o mesmo. Ao igual ca vós considerome “tradicional” pero tamén uso as novas tecnoloxías continuamente para comunicarme. E aínda que a comunicación na rede non se pode comparar en calidade coa comunicación en persoa, é tremendamente eficaz para a nosa vida cotiá. Iso si, cómpre saber utilizar todas estas novas tecnoloxías. Se algo non soporto son por exemplo casos como os da túa amiga que en todo momento están colocando información sobre o que están facendo e que a parte de perderen a súa propia intimidade, non nos aporta ningún interese aos demais.

    Saúdos
    Santalla Silva. GOBE

  3. seminariocomunicacion3

    Aí é onde quería eu chegar. Como xa dixen eu emprégoas todos os días mais considero que non se deben convertir en un espello da nosa vida, xa bastante expostos estamos como para, aínda por riba, crear un “Gran Hermano” gratuito.
    Ademais considero que as redes reláxannos demasiado e deixamos de facer moitas cousas polo feito de poder saber todo “vía tuenti”.
    Un saúdo e grazas por comentar.
    Quiñoy Montero, S3B

  4. Lara Lozano Aguiar

    A pasada semana o meu post tamén ía sobre o que estan a facer as redes sociais: dominarnos. Parece que hai máis xente que opina coma min. A verdade é que hoxe en día as redes sociais cambian a nosa forma de relacionarnos. Hai un video que hai en youtube que se chama Las 25 cosas que odio de Facebook, é moi entretido pero conta a realidade!

    • seminariocomunicacion3

      Está claro que están tomando unha parte moi importante na nosa vida e temos que saber que hai vida máis alá.
      Vin o video e a verdade é que me rin bastante porque coincido, en gran parte, coas súas “críticas”.

  5. Yanire Díaz Villaverde

    Eu tamén teño que recoñecer, aínda que use (como non) as redes sociais, que me pon de mal humor quedar para facer un traballo da facultade e estar vendo como os meus compañeiros non deixan o móbil ou non deixan o twitter… Creo que a xente non sabe diferenciar o uso das novas tecnoloxías. O twitter, para min, non é para usar un sábado noite, nin preguntarche cal é a túa conta é o máis importante despois de levar un tempo sen vela… Estase descontextualizando o seu uso e incluso, a súa función.

    • seminariocomunicacion3

      Como ben dis, é moi incómodo estar facendo un traballo e ver que o resto non se inmuta e non fai máis que consultar as súas redes sociais. Creo que xa se está convertindo nunha “enfermidade” esto de estar todo o día enganchado a elas. E volvo a incidir na idea de que deixamos pasar moitos momentos cos nosos amigos por estar enganchados a estas redes. Non sei cal é o camiño para que ambas cousas se podan levar pero está claro que esto vai ir a máis e algo haberá que facer.
      Quiñoy Montero, Laura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: