A Festa da Malla: un encontro entre xeracións

Cada vez que olvidamos unha vella tradición perdemos un chisco da nosa historia e da nosa cultura. A sociedade actual avanza a un ritmo abrumador e envólvenos nunha especie de espiral que nos fai olvidar o que sucedeu antes ca nós. O progreso e o recordo das tradicións foron, son e serán sempre compatibles e por esta razón cómpre manter vivos os vellos costumes na nosa memoria. Esta idea foi o piar fundamental da Asociación de Veciños de Santo Antón de Dexo, parroquia do Concello de Oleiros, que decidiu rememorar o proceso da malla e convertilo nunha festa que durou sete anos: dende o verán de 1991 ata o de 1997.

Xunto co obxectivo principal de manter vivas as vellas tradicións, había outras intencións que convertiron esta festa nun achegamento entre as diferentes xeracións. Nenos, mozos, vellos e non tan vellos compartiron historias, anécdotas e, sobre todo, coñecemento. Por primeira vez atoparon un tema en común no que os que máis sabían non eran os novos senón os máis maiores. Estes mostráronse encantados de rememorar as súas lembranzas da xuventude, de recordar os nomes daqueles apeiros de labranza que todos nós tiñamos gardados nos alboios e que xa non usabamos e, por suposto, de ensinarnos a sementar, a segar, a mallar e a facer o pan. Desta maneira, estes homes e mulleres da guerra e da posguerra recordaron unha práctica tan escrava e laboriosa como era a malla dunha maneira amena e divertida.

Cruz Portela, S1C

Posted on 12 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Sería conveniente que explicaras el concepto de la malla, que consiste en el proceso de separación del grano de la espiga y la paja, mediante un proceso manual y rudimentario. No podrías adjuntar algún enlace en el que explique la tradición del proceso de la malla?
    Un Saludo

  2. Teño un mini-documental que fixen sobre a malla (máis ben sobre o proceso anual de ceifa, malla, moenda e fornada) Chámase “Arzúa, terra de pan” (16′) e nil fálase do calendario festivo arredor do traballo dos viciñós da parroquia de Pantiñobre, que recuperan as súas tradicións da man da Asociación Ánxel Casal de Arzúa. Está ao seu dispor se lle serve para ilustrar o seu interese. Lóxicamente pódese ver como é unha cuestión tamén interxeracional.
    Saúdos.
    Martínez Hermida CIC

  3. seminariocomunicacion1

    Gustaríame moito que me pasase ese vídeo e así comparalo cos vídeos que se fixeron na miña aldea.
    Toda a información da que dispoño sobre a malla é por testemuñas da miña aldea xa que durante moitos anos o trigo foi un dos principais sustentos da poboación. Pero podo resumir os procesos máis importantes :
    -En primeiro lugar está a sementeira que consiste en sementar o trigo e máis a avea en sucos e regos respectivamente. Este proceso lévase a cabo a partir do mes de outubro. O trigo ségase en xullo e a avea un pouco antes para dárlla de comer ós animais.
    -En segundo lugar temos a sega que consiste en cortar o trigo e colocalo en calcas para que vaia secando. Logo lévase á casa e faise a meda, unha especie de cono, tamén para que seque.
    -Cando temos feita a meda procedemos á malla. Colocamos o trigo enriba dun limpeiro, unha tela de saco moi grande, e logo facemos que os animais pasen por riba. Despois é o turno das persoas cos manlles, un instrumento de madeira que serve para separar a espiga do gran. Cando estea separada collemos un cribo para deixar só a espiga sen o caño. Así, levámos o trigo ó muíño e obtemos a fariña.
    -Agora vén a etapa do amasado e a do enfornado. Primeiro pasamos o trigo por unha peneira, un recipiente circular con buratos moi finiños, e logo procedemos o amasado. Isto faise nunha artesa, unha caixa grande de madeira con catro patas, e cando está a masa feita deixámola levedar. Cando xa medrou o pan hai que metelo no forno, este ten que estar limpo e quente. E así xa témolo pan, sustento fundamental da moitas familias. Cabe salientar que a maioría facíano de millo e non de trigo porque era máis barato: o pan de trigo vendíano.

    Cruz Portela, S1C

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: