Novos medios en galego
O sistema mediático galego viu nos últimos tempos cómo moitos dos seus medios máis representativos desaparecían deixando un baleiro nos lectores ou como moitos deles sufrían grandes recortes de persoal a causa da crise. É o caso dos xa desaparecidos Galicia Hoxe e Xornal de Galicia ou de El Correo Gallego. En dous anos desapareceron da Rede e dos quioscos a maioría das cabeceiras informativas en galego e reduciuse drasticamente a pluralidade informativa.No ámbito nacional ocorreu o mesmo, coa recente desaparición do xornal Público, que continúa na súa versión online, ou da canle de noticias CNN+. A esta situación súmanse a crise da prensa tradicional e a diminución dos medios de comunicación na nosa lingua, así coma os recortes de presuposto, a caída das vendas e os consecuentes despedimentos como consecuencia da actual crise económica.
Neste contexto nada esperanzados, Galicia veu nacer dous novos medios en galego: Dioivo e Praza Pública. O primeiro defínese coma un proxecto dixital cooperativo en galego, aberto á participación tanto de lectores coma de profesionais, baseado na vontade dun grupo de xornalistas que decidiron tomar a iniciativa. Praza Pública é un novo xornal dixital en lingua galega que ansía contribuír desde o pluralismo, a independencia de criterio e a crítica á súa construción, abríndose á participación dos cidadáns. Ambos medios están abertos ás doazóns dos seus lectores, que son o principal eixo do seu traballo, precisamente porque son conscientes de que non hai unha boa información sen o diálogo permanente cos lectores.
Na situación actual o menos axeitado é o silencio e son precisos novos medios para mellores tempos. Son necesarios proxectos informativos cos que dar vida a un espazo de comunicación e diálogo cidadán. Parece que, no fondo, non todo está perdido e aínda xorden iniciativas interesantes tanto para os lectores coma para os profesionais do medio.
Uxía Bereijo Piñón S1F
Posted on 12 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged Curso 2011-2012, novos; medios; galego; xornais; Dioivo; Praza; Pública. Bookmark the permalink. 4 Comentarios.
En mi opinión, esto es una simple transición. Sí, están desapareciendo infinidad de medios, tanto a nivel gallego, como nacional e internacional. A su vez, están naciendo nuevos medios reivindicativos, como así parece que se hacen llamar. Sin embargo, es algo que va a ocurrir hasta el fin de los días. No creo que nos encontremos en el final de los finales, sino, simplemente, un hecho.
Está claro que nos atopamos nun proceso de transición, pero a pesares diso, sempre é unha mala noticia que desaparezan medios de comunicación de calquera tipo porque isto constitúe unha perda de pluralidade informativa que non beneficia nin ós profesionais nin á sociedade.
Creo que é necesario afondar máis nas posibilidades que ofrecen os novos medios, que aínda non alcanzaron o seu máximo nivel de desenvolvemento. Pero o cambio é paulatino e tanto os profesionais coma os lectores debemos adaptarnos pouco a pouco a un contexto totalmente diferente ó que coñecíamos ata o de agora.
Non podemos desesperarnos porque desaparezan os medios e tampouco podemos cruzar as mans e ver pasar o tempo. Creatividade e iniciativa é o que temos que ter. De que serve cruzarse de brazos? Eu penso que de nada! Confiemos en nós e poñámonos as pilas para que o xornalismo continúe en pé e sendo de calidade.
Estou totalmente de acordo. En vez de queixarnos tanto deberíamos traballar por atopar novas alternativas ós medios tradicionais e explorar a multitude de posibilidades que nos ofrecen.