O sexto sentido
Moitos chaman “sexto sentido” a esa habilidade innata do ser humano para interpretar os xestos e miradas do contrario. E é que á hora de comunicarnos, non todo se reduce a palabras. Cabe destacar a relevancia da comunicación non verbal, tamén coñecida como linguaxe xestual, nas relacións interpersoais producidas entre os individuos dunha mesma comunidade na súa vida cotiá. Aínda que inconscientemente o pasamos por alto, tense comprobado que entre o 60 e o 80% da comunicación entre seres humanos se realiza por canles non verbais. De feito, dende 1872 ata agora os investigadores teñen rexistrado case un millón de claves e sinais non verbais, que segundo os diversos estudos, inflúen ata cinco veces máis que os orais. Estes xestos fanse máis elaborados e menos obvios coa idade, por iso é máis difícil interpretar os xestos dunha persoa de cincuenta anos que os dun mozo novo. O número de sinais xestuais que cada persoa usa ao longo da súa vida no seu día a día é case infinito, co agravante de ter significados diferentes en moitos países do mundo segundo a cultura. Como dicía antes, aínda que inconscientemente non nos paramos a pensar nela, a linguaxe xestual é moi importante á hora de comunicarnos, xa que nos posibilita, entre outras moitas cousas, comunicar mediante un xesto, sentimentos ou sensacións que serían moi complexas, e mesmo imposibles de expresar a través da comunicación verbal.
Varela Fernández, S3B, T4B1
Posted on 12 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged Comunicación Interpersoal, Cultura, Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. 10 Comentarios.
Toda la razón. Los seres humanos nos comunicamos mediante las palabras generalmente, pero es cierto que en lo que se refiere a expresarse, lo hacemos más mediante el lenguaje no verbal. Una mierda, un gesto con la mano, una sonrisa… Es más importante lo que se transmite que lo que se intenta comunicar.
Grazas polo teu comentario, Noemí. Eu penso que os seres humanos comunicamos moitísimo máis a través da linguaxe non verbal do que somos conscientes, porque, como dicía no post, a maioría das veces, pasámola por alto. De novo, grazas polo teu interese.
Muy cierto, parece que siempre se nos olvida que hay más cosas que forman parte de la comunicación que las palabras, se puede expresar casi cualquier cosa sin palabras.
Grazas polo teu comentario, María. Efectivamente, ás veces un xesto axúdanos a expresar aquilo que non somos capaces a través das palabras. De aí, para min, un dos fundamentos da importancia da linguaxe xestual para a comunicación. De novo, grazas polo teu interese.
Sorprendente. Como ti dixeches, moitas veces pasamos a linguaxe xestual por alto e non nos paramos a pensar no importante que é. Sen ela sería imposible comunicarse e transmitir información con eficiencia. Bo post. Saúdos
Santalla Silva, GOBE
Grazas polo teu comentario, Daniel. Como ti ben dis e lle comentaba anteriormente a María, ás veces un simple xesto comunica máis que mil palabras. Comparto a túa idea de que é algo fundamental para comunicar con eficiencia. De novo, grazas polo teu interese.
La comunicación no verbal es muy importante, ya que podemos transmitir mucho más que por palabras. No obstante existen particularidades entre diferentes culturas que hay que tener en cuenta.
Grazas polo teu comentario, Sara. Efectivamente, recolles un tema que a min me parece interesante, pero no que non puiden afondar ante o límite máximo ao que deben aterse os posts: como varía a linguaxe xestual segundo as diferentes culturas. Un xesto que ao mellor aquí nos parece gracioso, noutro lugar do planeta podería resultar ofensivo. Creo que estaría realmene interesante estudalo. De novo, grazas polo teu interese.
Tamén temos que ter en conta que os xestos non nos deixan mentir. Ás veces dicimos unha cousa que non creemos ou que non compartimos e os xestos delátannos e acúsannos de mentireiros. Deste xeito, a linguaxe verbal e a corporal non sempre coinciden. No cine Charles Chaplin mostra a importancia da comunicación non verbal no filme Tiempos Modernos.
Grazas polo teu comentario, Lara. Creo que as túas palabras podemos relacionalas un pouco seguindo a liña do que dicía Daniel: a linguaxe xestual é fundamental para comunicar con eficiencia porque como ti dis, non nos deixan mentir. Os nosos xestos, inconscientemente, escapan máis do noso propio control que as palabras. De novo, grazas polo teu interese e, como non, por esa recomendación do filme de Chaplin.