“Rural vello e abandonado”

 A pasada fin de semana recibín a chamada dun amigo que me pedía que o acompañase a facer unhas fotos por algunhas aldeas da zona. De bo gusto aceptei a proposición e saímos despois de comer dende Lalín con direción ao Irixo, un pequeno concello da provincia de Ourense bastante próximo, pero ao mesmo tempo descoñecido para nós. Escollimos esta dirección porque a zona é totalmente rural. Ademáis, O Irixo está sendo obxeto de polémica pola posible instalación dunha pranta incineradora de residuos no seu territorio. Esta razón tamén nos empurrou á hora de esolle-la direción e partir. Nos pouco máis de 20 km que separan Lalín do Irixo atópanse numerosos e espallados núcleos de poboación. Fixemos varias paradas para sacar fotos en lugares que o meu colega cría axeitados. As impresións foron as mesmas para os dous. As pequenas aldeas atopábanse en estado de semiabandono. A presenza de persoas era case indetectable e as poucas que se deixaban ver eran persoas maiores.

O abandono e o avellentamento do rural galego queda patente. Tanto é así que o que nos aconteceu nunha destas aldeas chamoume moito a atención. Dirixiámonos a fotografiar uns hórreos cando vimos a dous homes e a dúas mulleres traballando nunha horta. Todos eles superaban amplamente os 65 anos. Ao vernos todos deixaron o traballo para observarnos e con rapidez unha das señoras se dirixíu a nós. Verdadeiramente lle chamaba a atención a presenza de dous mozos no seu lugar. A amabilidade coa que nos tratou foi máxima. Deixou a súa labor e acompañounos nunha improvisada visita polos mellores espazos da aldea. Cando nos iamos, despediunos cun “deus vos bendiga” e como non, preguntounos aquilo de “¿de quen vides sendo?”. Respondímoslle que eramos de Lalín. Impresionoume moito a forma que tivo esta amable e alegre señora de tratarnos, todo por sermos novos. Estaba claro que non era habitual a presenza de mocidade naquela aldeiña como de seguro que tampouco o é en tantas outras do abandonado e avellentado rural galego.

Santalla Silva, S3c

Posted on 12 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Anxela Pedrouso Areán

    O que está moi claro é que as persoas maiores son moito máis amables cas novas xeracións. Estou por xurar que se fora un grupo de rapaces da nosa idade o que estaba no seu entorno e aparecen dous descoñecidos (tanto ten a idade que teñen) eles miraríanos mal e non se prestaría a axudarlles. Pola contra a xente maior sempre é máis amable nestes aspectos. Penso que aquí hai moito que reflexionar sobre a xuventude en xeral e sobre nós mesmos en particular.

  2. seminariocomunicacion3

    Si, estou dacordo. A xente maior adoita comportarse con mais amabilidade e respecto. Nós, os novos, deberiamos aprender en moitos casos deles. Como ti dixeches, probablemente se nos atoparamos con dúas persoas da nosa idade, o máis seguro sería que non se molestasen nin en saúdarnos.
    E que… ” ¿a ónde imos chegar con esta xuventude?” . Isto xa o dixo Cicerón hai máis de 2000 anos. Tamén o din os maiores de agora e dirémolo nós cando sexamos anciáns. Con isto quero decir que a nosa xeración ten moitas cousas que aprender e que mellorar, pero tamén temos moitas outras cousas das que estar orguiosos. Os maoires deberían entender que “non imos acabar co mundo” e que valemos para algo máis que para facer botellón.
    Por outra parte quero facer fincapé na alegría visible nesta señora ao encontrarse con dúas persoas xoves. Independentemente de que ela fose sempre amable con todo o mundo, estaba claro que lle gustou encontrarse con dous mozos e coversar e axudarnos en todo o posible, porque de seguro que nesa pequena aldea de unhas 5 casas xa non quedaba ninguén da nosa idade.

    Santalla Silva, GOBE

  3. Gutier Salgado Fernandez

    Pois eu non creo que se nos encontramos con persoas maiores recibamos un trato mais amable ca se se trata dun rapaz ou rapaza. Eu esta distinción fariaa entre a xente do pobo e a da cidade. A xente dos pobos sempre se mostra moito máis aberta cos descoñecidos que se atopan, eu creo que e pola súa forma de vida xa que nos pobos todos se coñecen, e nas cidades non se coñecen nin todos os veciños do mesmo bloque.
    Salgado Fernández, Gutier
    S3A

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: