Posted on 13 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged Comunicación, Curso 2011-2012, Red Social. Bookmark the permalink. 6 Comentarios.
Pescuda no blog
Canal BCP
Frases para o recordo
"Poderíase relacionar, neste caso, a confianza coa calidade da investigación: canta máis confianza, máis intercambio de información e, polo tanto, un resultado máis rico, variado e mellor contrastado". (CAAMAÑO DEUS, SOFÍA 151.B02)
“Es increíble que aún en pleno siglo XXI la imagen que se comunique de la mujer sea la de una delicada ninfa que se acicala, decora la casa de rosa y adelgaza por el camino. Este tipo de revistas han creado la propia personalidad de las mujeres. Obviamente, los factores históricos son los que más influyen; pero estamos ayudando a perpetuarlos. Vivimos en una comunidad donde muchas personas aún consideran que estamos aquí para gustar". (ARIAS RIAL, ARIADNA 151.F03)
O máis visto
Comentarios recentes
- Lupe en Encuentro con Carlos Álvarez, Colegio de Psicólogos de Santiago
- Luis Manteiga Pousa en W. Benjamin define a el “Flâneur”
- Lupe en Encuentro con Carlos Álvarez, Colegio de Psicólogos de Santiago
- Culo de Maria bugarin morais rico con cmen en el anito abierto en La importancia de pertenecer a un grupo
- chimbote grande en La importancia de pertenecer a un grupo
- d-vers gallery en Page One: Hasta el más grande puede llegar a caer
- Mikel en Internet, ¿amigo o enemigo?
- cerack meteteundedo en La importancia de pertenecer a un grupo
- cerack metete en La importancia de pertenecer a un grupo
- cerack metete en La importancia de pertenecer a un grupo
Sra Lozano,
sinto discrepar e gosto de polemisar con vostede sobre este tema. Non percibimos ren, nin cambios sociais, nin culturais ao traverso da dimensión tecnolóxica, e menos de maneira definida e clara. Vamos que de panacea, nada. Non, se denantes non hai un planeamento ou estratexia que obxectivice ise cambio social e cultural, previamente. Froito dilo, si nacen e medran os instrumentos que vehiculizan novas formas de traballo, de produción, que…non teñen por que facilitar ise cambio social e cultural pretendido ipso facto. Adependendo do inventariable tecnolóxico e do mantemento no mercado disa tecnoloxía, da súa previsión de obsolescencia, da adherencia dos implicados. Non fagamos mitoloxías da tecnoloxía.
As tecnoloxías, e sobor de tudo istas tecnoloxías dixitais, penso eu, como se fan entender é dominando, máis que mudando. Iso ven despois, se se tercia. E hai intención.
Saúdos.
Martínez Hermida CIC
Pois dominara ao individuo, mais tamén fai que haxa cambios culturais e persisto nesa idea. Os nosos fillos non van ser igual ca nós porque nacen nun mundo no que as tecnoloxías os dominan como vostede ben di, pero iso tamén fai que a cultura e as relación entre os humanos tornen. A intención é o esencial niso estou dacordo pero actualmente parte do que nos domina faino sen nós consentilo, porque esa é a idea que hai detrás de calquer tipo de dominación. Grazas!
Unha cousa é percibir, outra é haber. E mesmo, non. Non se pode entender o cambio cultural desde a amplificación da cultura, somentes. Xa que a cultura a difundir, desde iste suposto, é a mesma. Velaí a TDT. Temos a tecnoloxía, pero os contidos son os mesmos. Xa digo que ten que haber intención de cambio cultural. O que domina nunca pide permiso. E nunca os fillos foron distintos aos pais, somentes por utilizar distintas tecnoloxías.
Saúdos.
Martínez Hermida CIC
Non é que os fillos sexan diferentes aos pais por culpa só das tecnoloxías, pero por mor destas cambian as formas de comunicarse e polo tanto os fillos non son iguais. No tocante a TDT os contidos non cambiaron pero si aumentaron. Iso da TDT non me acaba de convencer!
Non digo que o cambio cultural só se xere coa amplificación da cultura pero si influe.
O da TDT é bastante claro. Só ten que ver o conservador e securitista que é o seu mercado, lendo as programacións clónicas e repetitivas ( a multidifusión) xa se ve. O mercado de contidos sempre é moito máis escaso, sob de todo desde a aceleración fordista do hardware de obsolescencia rápida. Velaí onde asenta a revolucion do traballo nos dragóns asiáticos.
Mesmo hai moitas tecnoloxías que non desenvolveron aínda moitos contidos propios e hai que tirar de arquivos. O mercado de contidos é menos rápido e está menos desenvolvido (por concentrado só nalgúns centros de produción mundiais: Mumbai, Hollywood, Miami,…)
Pero bueno, é acudir á relación audiencia-competencia-contido e se despexa a incertidume respecto do da TDT.
Non crea que os xeitos de comunicarse mudaron tanto polas tecnoloxías actuais. Iso é moi relativo. A comunicación ven sendo a mesma, o que se comunica ven sendo o mesmo.
Cecais mudaron certos procesos mecánicos e a ontoloxía da distancia, e grazas tamén a mitificación da mediatización. Unha burbulla da que é difícil sair para vostedes, porque criaron nila coa axuda da Tv.
Pero eu lémbrome da domesticación da tecnoloxía video (a da miña época) e non vin que mudara moito a miña comunicación cos meus pais, por exemplo. Non presisamente con eles. Vostede tentou comunicarse cos seus pais ao través das novas tecnoloxías que utiliza cos seus amigos? Experiménteo.
Os fillos nunca son iguais que os pais. Teñen un convivio e unhas formas comúns de entenderse, pero tanto a idade (en pais e fillos) como as condicións de vida tenden a ser diferentes sempre, xa que os seus roles sociais- por tanto, a xerarquía,- o son tamén. A comunidade vivida duns e doutros comparte, pero igualmente diferencia (en termos xerais)
Sempre é un pracer. Saúdos.
Marcelo Martínez CIC
Agora quedáme algo máis clara a idea do TDT, mais non podemos negar que as relación entre pais e fillos son as mesmas que as de antes e parte desas diferencias son motivadas polo cambio de tecnoloxías. Meu pai, por exemplo, si ten facebook pero conmigo non se comunica por aí e veríao raro polo que en parte convenceume un pouco. De todo non, persisto. Grazas por deixarme as cousas máis claras.